trghbrt

Páginas: 3 (624 palabras) Publicado: 10 de junio de 2014
"O pai de Migueliño"
…..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír dacasa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollosesculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
…..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba oamericano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
…..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outrohome moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar.
…..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou enque o seguían os ollos angurentos dun neno.

…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estabaabrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

1Actividades sobre o relato “O pai de Migueliño” do libro “Cousas” (1926-1929; edición conxunta en 1934):

1. Lectura atenta e comprensiva. Anotamos o significado de todas as palabras ou expresións quenon coñezamos, indicando previamente á que categoría gramatical pertencen: verbo, substantivo, adxectivo, adverbio, etc.
2. Identificamos todas as acepcións do verbo ‘ver’ explicando os matices dediferenza.
3. Determinación dos verbos que aparecen no relato. Escollemos o verbo esculcar para conxugar o modo indicativo.
4. Resumo ben redactado apañando o tema e as ideas principais.
5....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS