xose maria diaz castro

Páginas: 5 (1018 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2014
 XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Biografía:
Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vezlicenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas). 
     En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas dasletras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.
     O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, amorte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país. 
     Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos.Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela.
     Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceuen Lugo en 1990.

Obra:
En 1961 Galaxia publica o seu único libro: Nimbos. O termo Nimbos  explícao todo: “é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… Algún crítico dixo que era un home con moito respecto ás cousas, un respecto ás criaturas de Deus non acariñadas. Esas son asque busca o poeta para elevalas a unha categoría, e por iso envólveas nun nimbo de luz, para darlles gloria”

Desde a mesma data de publicación, Nimbos foi cualificado como libro poético excepcional. No ano 1982, vaise publicar unha edición bilingüe, preparada e presentada polo profesor Carballo Calero, na Editora Nacional, de Madrid, que reproduce os textos do orixinal acompañados dunha versióncastelá, do propio Díaz Castro, na parte baixa da páxina. Malia que na súa aparición fose tan ben recibido por escritores e críticos, o poemario estivo lonxe de acadar popularidade porque o momento era máis propicio para a poesía que se deu en chamar social ou comprometida. E isto ocorre porque está moi lonxe de versificar ao uso e fai unha poesía filosófica e relixiosa, influenciada pola súaformación teolóxica no seminario de Mondoñedo, unha relixiosidade que se debate entre a ortodoxa aceptación do dogma e unha insaciable “sede de lus” que procura através da palabra. No primeiro, o eu poético, contemplativo como os místicos ascetas casteláns do século de ouro, considera que a esperanza do mundo é “a consumación na crus”, expresión do seu anceio de fuxida da materia e de unión místicacon Deus. No segundo, Cristo é un home con poder, “ti fás e desfás”. Por iso, o poema “O berro das pedras” evoca o triunfo do catolicismo galego, materializado en Compostela, e “Veleiquí os homes” canta a exaltación da oración coral en xenuflexión e o castigo dos herexes. Non exclúe unha fonda paixón telúrica, un forte enraizamento na terra que se expresa dunha maneira directa ou insinuada. Este...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Xosé díaz castro
  • Xosé María Díaz Castro
  • MARIA DIAZ
  • Francisco Diaz De Castro
  • La manuela eugenio diaz castro
  • ZOILA MARÍA CASTRO
  • Reseña Díaz Marío
  • Dora María Hurtado Diaz

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS