Xosé María Díaz Castro

Páginas: 6 (1389 palabras) Publicado: 7 de junio de 2014
Xosé María Díaz Castro
Biografía
Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914, morou grande parte da súa vida en Madrid, onde se desempeñou como funcionario público. Retornou á súa terra natal a principios da década dos oitenta do século pasado. Daquela puxo casa na vila de Guitiriz, onde morreu en outubro de 1990.Educado na escola "habanera" que promovera na parroquia a sociedade de instrucción "Villares y su comarca", constituída en La Habana en 1912, formouse logo no seminario conciliar de Mondoñedo, onde ingresou en 1929. Alí, alén de cursar os estudos regulamentados da carreira eclesiástica case ao completo, comezou o seu interese polas linguas e deu os primeiros pasos na escrita literaria, dirixindounha revista escolar e publicando o seu primeiro texto en lingua galega no xornal chairego El Progreso Villalbésno ano 1931. Nesta etapa mindoniense tamén se familiarizou coa densa tradición literaria, nomeadamente poética, que floreceu daquela, no ronsel de Leiras Pulpeiro e de Noriega Varela, na cidade do Masma a través de figuras como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Alvaro Cunqueiro ou DiazJácome.

Pasados os anos da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital militar de Pontevedra, e despois dun fugaz retorno ao seminario mindoniense, comeza a súa etapa de profesor de linguas no colexio privado León XIII de Vilagarcía de Arousa, onde foi chamado por Iglesia Alvariño. En 1948 gañou praza de funcionario público e ingresou como tradutor no Ministerio da Gobernación.Posteriormente, exerceu en diversos organismos oficiais (Instituto de Cultura Hispánica, Consello Superior de Investigacións Científicas), ata a súa xubilación e final retorno a Galicia.

Aínda que a súa vocación literaria abrollou durante a súa mocidade, a expresión escrita da mesma demorou moitos anos en se manifestar. Na década dos corenta gañou o primeiro premio de Poesía galega nos "Juegos Florales deBetanzos" de 1946 cun "tríptico á groria da betanceira" e, nos anos cincuenta comezou a publicar algúns poemas en revistas como Alba, dirixida por Ramón González-Alegre, quen consideraba a Díaz Castro como "un poeta de verdade", o máis sólido dos que colaboraban na revista. Nesta publicación deu a lume sete poemas, entre eles o máis famoso do autor, "Penélope" (Alba, nº 4, 1950). En 1955, FranciscoFernández del Riego inclúe algúns poemas de Díaz Castro na súa antoloxíaEscolma de poesía contemporánea, IV. Os contemporáneos (Galaxia, 1955), o que constitúe un paso decisivo para a definitiva incorporación do poeta ao sistema literario galego.

Esta incorporación foi obra de varios amigos, algúns deles moi vinculados ao proxecto da editorial Galaxia, que o animan de forma constante aescribir versos que poidan conformar un libro. Aínda que se sente satisfeito e mesmo "orgulloso" do apoio que lle prestan "los escritores paisanos míos", entre os que menciona a Carballo Calero, Piñeiro e Celso Emilio, alén de Iglesia Alvariño e de González-Alegre (carta a Fernández del Riego do 14.5.1959), o certo é que tarda en dispoñer de orixinais: "desde los tiempos de ALBA, no he escrito ni unalínea y el original de que disponía no era suficiente para la extensión de un libro normal".

O tal libro acabaría por ser Nimbos, un poemario que veu a lume en Galaxia a mediados de 1961 e que consagraría a Díaz Castro como un autor poético singular no contexto da literatura galega de posguerra, que abaneada entre o lirismo intimista de autores xa consolidados como Iglesia Alvariño (Cómaros verdes,1947), as achegas dos novos como Novoneyra (Os eidos, 1954) e o realismo social que se abría paso na emigración en poemarios como os de Luís Seoane (Fardel de eisiliado, 1952) e moi logo na Terra coa obra rompedora de Celso Emilio (Longa noite de pedra, 1962). Neste panorama, a poesía de Diaz Castro ten un perfil claramente plural, sen caer no eclecticismo. Non responde ao canon realista...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Xosé díaz castro
  • Xosé María Díaz Castro
  • MARIA DIAZ
  • Francisco Diaz De Castro
  • La manuela eugenio diaz castro
  • ZOILA MARÍA CASTRO
  • Reseña Díaz Marío
  • Dora María Hurtado Diaz

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS