A BANDA SEN FUTURO, Marilar Aleixandre

Páginas: 9 (2128 palabras) Publicado: 28 de mayo de 2014
A BANDA SEN FUTURO
Marilar Aleixandre

Silvia Padín Blanco 3ºC

Título: A banda sen futuro
Autor: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
Colección: Fora de xogo
Personaxes:
Carlota: A protagonista. É unha moza de dezaseis anos en primeiro de
bacharelato, debido a un tratamento para curar un eccema ten que levar
a cabeza rapada durante uns meses e, se iso non fora dabondo,
empeza nunhanova escola.
Paulina: Vai na clase de Carlota. É unha moreniña de gafas que
enseguida faise amiga da protagonista. Acaba saíndo con Miguel, sen
saber que lle gustaba a Carlota.
Miguel: Tamén vai na clase de Carlota. É un mozo alto con coleta do
que se enamora a protagonista.
Avoa: A nai da nai da protagonista. Sempre aconsella a Carlota, que a
veces sinte que é a única que lle comprendeMoncho: É un mozo guapo que consegue a todas as mozas. Ten o
pelo rapado prácticamente ao cero. Acaba namorandose de Carlota,
tamén vai na súa clase.
Lidia: Unha moza fermosa con longos cabelos loiros. Ao principio
búrlase de Carlota. Sempre anda tonteando cos mozos.
Ana: A prima de Carlota. É un pouco gordiña, ás veces vai con ela ao
cine.
Nai: É profesora. Cando se mudaron tivo que pedir otraslado, pero
como é unha zoa con poucas escolas tocoulle traballar moi lexos.
Pai: pai de Carlota
Inés: Irmá pequena de Carlota. Debe ter entre seis e nove anos.

Resumo:
A protagonista, Carlota Couceiro é unha moza que empeza o bacharelato nunha
nova cidade. Mudouse porque ascenderon ao seu pai. Vive cos seus pais, a súa
irmá pequena Inés e a súa avoa. Ten un irmán maior que lle levaonce anos,
pero non vive con eles. Está moi triste e píntese desgraciada por ter que
mudarse.
Carlota está en tratamento debido a un eccema na cabeza, e non pode ter pelo
polo que leva un pano o un gorro para taparse.
Cando chega ao instituto todo o mundo pregúntalle polo gorro, pero dalle
vergoña e non sabe que contestar. Ao seu profesor de inglés, que tamén é o
tutor, apódano “MisterBean”, e manda levar un anaco dunha canción a cada un
para traducir na clase. Uns compañeiros fan un chiste sobre a calvicie de
Carlota, e Miguel, un compañeiro a defende.
Carlota vai ao médico para seguir co tratamento e ese día non vai a clase. No
hospital danlle largas co día en que terminará. Ela soña con que algún día irá á
discoteca abaneando os seus longos cabelos ao son da música.
O tutormanda levar unha foto de carnet, e leva unha de cando tiña pelo,
evidentemente, pero na clase hai curiosos que tentaron vela. Agora a xente
comeza a chamala Cocoliso, e Carlota fai como se non se enterara. Vai darlle as
grazas a Miguel por defendela, tomao como un superheroe persoal. Ao día
seguinte sacan unha foto de toda a clase e apartan a Carlota a un lao para que
non se lle vexa tanto,isto moéstalle aínda que noutra situación agradaríalle…
Carlota, Inés e o pai saen a xogar coa neve, non hai moita, pero suficiente para
facer unhas bolas. Ao ver a tres curas con sotana Carlota pide o desexo de que
lle pase algo malo a Lidia, unha compañeira de clase, a odia cos seus longos
cabelos, sempre burlánose dela e tonteando con todos os mozos. Van á
pastelería a comprar pastelitos denata, pero non quedan e compran de crema.
Ao día seguinte, unha profesora dilles que hai unha intoxicación na cidade, cren
que por pastelitos de nata, e que Lidia e outra compañera están ingresadas,
ademais o irmán da compañeira morreu. Carlota cóntalle todo á súa avoa, a que
a veces parece a única en comprenderlle, cóntalle tamén todas as cousas que
lle pasaron na escola e séntese mellor.Un compañeiro que foi ver a Lidia ao
hospital cóntalle que cortáronlle o pelo.
Carlota vai, como cada luns cada dúas semanas ao hospital, e dínlle que ten
que continuar co tratamento como mínimo dúas semanas máis e enfádase. Bota
de menos a súa casa, dende a fiestra do seu cuarto podíase ver e ulir o mar e as
flores, e na de agora so se ve o edificio gris que ten delante, nesa cidade todo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A banda sen futuro
  • A banda sen futuro
  • resumen de a banda sen futuro
  • A banda sen futuro
  • Banda Sin Futuro
  • marilo
  • Aleixandre
  • Vicente aleixandre

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS