A banda sen futuro

Páginas: 8 (1837 palabras) Publicado: 7 de junio de 2011
A Banda Sen Futuro
Marilar Aleixandre
01/04/2011
Juan
|

ARGUMENTO
Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emocións ó longo de dous meses. Coñecemos o seu malestar ó se ter que afacer aunha cidade nova, á que vén de mudarse coa súa familia polo traballo de seu pai, e ó comezo do curso escolar1nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de gruposcomo Derribos Arias e La banda sin futuro, ó que Carlota admiraba. A rapaza relaciona esta noticia coas demais cousas que lle pasan últimamente: sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que osacontecementos que lleagardan, son máis ben negros. Recorta afotodo xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto edende ese momento ocantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súaspreocupaciónse tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontarós seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ósseus pais porobrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas. Nestes rimeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén. Sente un furado na súa alma polo que entran desacougo, soidade, medo ós demais e terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaze a partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algo especial aínda que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai fixar nela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua españolana que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle n si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2, lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccións e que poden falar de temas como o do futuro, que tanto obsesiona a Carlota. Axiñadescobre que a súa única amiga, Paulina, está a saír con Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, decatándose de que o do seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballa en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Moncho declárase e todo mudade súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode deixar medrar o cabelo.
PERSONAXES
CARLOTA: unha rapaza de dezaseis anos que está a vivir uns momentos difíciles xa que se enfronta non só a unha nova cidade e a un novo instituto onde non coñece a ninguén, senón tamén a si mesma e ós seus pais. Por mor dun eccema veseobrigada a levar o pelo rapado ó cero e isto convértea nunha rapaza acomplexada, retraída e arisca que non entende por qué os seus pais a obrigan a pasar a humillación de ter que comezar as clases cun pano na cabeza. A súa táctica inicial de pasar desapercibida vai mudando e pouco a pouco emprende un camiño cara ó coñecemento de si mesma e dos demais e atopa a resposta ás súas preguntas. Taménaprende a saír do seu enclaustramento emocional, a se aceptar tal e como é e a entender que case todo ten solución menos a morte. Este cambio prodúcese cando presta atención ós sentimentos e ós problemas dos que a rodean, fundamentalmente á complicidade da súa avoa e á amizade que xorde co seu compañeiro Moncho, ó que nunca prestara atención.
POCH: o cantante morto de grupos dos oitenta como...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A banda sen futuro
  • A banda sen futuro
  • resumen de a banda sen futuro
  • Banda Sin Futuro
  • Banda
  • Bandas
  • Bandas
  • La banda

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS