A miticultura galega: influencia dos dereitos de propiedade na xestión do mexillón

Páginas: 21 (5083 palabras) Publicado: 20 de junio de 2011
SERGIO BENITO PORTAS ROMA

ÍNDICE:
0. INTRODUCCIÓN.
1. A NOVA ECONOMÍA INSTITUCIONAL.
1. A. INTRODUCCIÓN
1. B. IMPORTANCIA.
2. O CONSELLO REGULADOR “MEXILLÓN DE GALICIA” COMO INSTITUCIÓN PARA DEFENDER O PRODUCTO.
3. RÉXIME DE PROPIEDADE DA MITICULTURA EN GALICIA.
3. A. NOVA LEY DE PESCA DE GALICIA.
3. B. ANÁLISE DO ÍNDICE “INDEX”.
3. C.CAMBIOS NA LEI DE PESCA.
4. CONCLUSIÓNS.
5. BIBLIOGRAFÍA.


0) INTRODUCIÓN.
Neste pequeño traballo realízase un estudo sobre o mundo do miticultura, e máis concretamente sobre a incidencia na xestión do mexillón dos dereitos de propiedade. Para analizar esta incidencia utilízase como ferramenta a Nova Economía Institucional (NEI).
A miña relación co sector mexilloeiro, así como acrise na que está inmerso este sector son as causas que me motivaron para elixir este tema. Cómpre que todo o mundo poña o seu grao de area para defender e para resolver os graves problemas que afectan a este sector.
No estudo analízanse as bases e a importancia da Nova Economía Institucional, e o modo en que esa teoría económica pode aplicarse a unha institución como o Consello Regulador doMexillón de Galicia. A continuación, desenvolvo outro piar da NEI: a importancia dos dereitos de propiedade, tomando para isto a Lei de pesca de Galicia. Para finalizar, profundízase e calcúlase o índice de propiedade Index, comprobándose que o seu resultado é necesario para a existencia da miticultura

1) NOVA ECONOMÍA INSTITUCIONAL
1.A) INTRODUCIÓN.
A importancia da Nova Economía Institucional(NEI) reñoceuse no ano 1991 cando se lle entregou o premio Nobel de Economía a Ronald Coase, cuxos traballos contribuíron a proporcionar as claves desta economía. No ano 1993 este mesmo premio foille outorgado a Douglas North polos seguintes traballos: Institutions and Economic Growth e Institutions, Institutional Change and Economic Performance.
A moderna economía institucional baséase en dúaspremisas:
1) Que o marco teórico debería ser capaz de integrar a teoría neoclásica coa análise acerca do modo no que as institucións modifican o conxunto de opcións ás que poden acceder os seres humanos.
2) Que o marco debe construírse tendo en conta os determinantes básicos das institucións, de maneira que non só se poida definir o conxunto de opcións das que realmente dispoñemos nun momentodeterminado, senón tamén analizar a forma en que as institucións cambian e, polo tanto, alteran este conxunto dispoñible no longo prazo.
Este conxunto de opcións especificado pola NEI está formado pola estrutura das regras da decisión política e polos dereitos de propiedade, así como polas normas de comportamento que limitan as alternativas das que dispoñen as persoas. É máis amplo que o conxunto deopcións tradicionais, porque inclúe as múltiples dimensións que caracterizan os bens e servizos e a actuación dos axentes.
Cómpre definir agora algúns dos termos que estamos utilizando. As institucións son regularidades nas interaccións repetitivas entre individuos, que proporcionan un marco dentro do cal as persoas teñen unha certa confianza na determinación dos resultados. Non só limitan oalcance das opcións na interacción individual, senón que amortiguan as consecuencias dos cambios nos prezos relativos. As institucións non son persoas, son costumes e regras que proporcionan un conxunto de incentivos e de desincentivos para os individuos. Implican un mecanismo para facer cumprir os contratos, que pode ser un mecanismo persoal (a través de códigos de comportamento) ou un mecanismo queimplique a terceiros que controlen e que monitoreen, o que convirte ao Estado na fonte de coerción.
As institucións xorden e evolucionan pola interacción dos individuos. A crecente especialización e a división do traballo na sociedade son as fontes básicas desta evolución institucional.
Dentro do marco institucional, os individuos forman organizacións para facer súas as ganancias que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ética e filosofía do dereito
  • o esplendor medieval do galego
  • As Orixes Do Galego
  • orixes do galego
  • A FORMACION DO NACIONALISMO GALEGO
  • Formación Do Plural E Do Feminino En Galego
  • Primeiros vestixios do galego xuridico
  • A Situación Do Galego No Século Xix

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS