A Teoria Hylemorfica De Aristoteles

Páginas: 6 (1378 palabras) Publicado: 28 de febrero de 2013
A TEORÍA HYLEMÓRFICA NO SEO DA PHYSIS: A TEORÍA CAUSAL

Aristóles desenvolveu a súa labor filosófica durante o s.IV a.C., pero o seu pensamento mantívose a partir da súa morte ata dous milenios máis adiante aproximadamente.
A Aristóteles débeselle a primeira recompilación do pensamento doutros autores, polo tanto, este contacto cos pensadores anteriores deixará constancia na súa obra. Temoscomo un principal exemplo a Empédocles, de quen tomou a súa teoría sobre os catro elementos que compoñen a materia (auga, terra, ar e lume), que Aristóteles utiliza para explicar de que está formado o mundo sublunar. Pero por outro lado, tamén se poden destacar as diferenzas de pensamento entre o filósofo e aquel do que foi discípulo, Platón. En contraposición a este último, abandona o métododialéctico xa que considera que non é necesario, e substitúeo pola demostración; a distinta concepción da physis, que a partir dos sofistas quedará como o centro de atención para a filosofía, á cal Platón daralle unha valoración e unha definición real, propia do para el chamado “mundo sensible”, mentras que Aristóteles di que o natural é aquelo que ten un principio de movemento, e rexeita este como ofeito por obra do ser humano, dun Deus, tratándose así de algo inmóbil; sobre todo, rexeita totalmente a súa teoría das ideas, xa que considera que non serve para explicar nada do mundo sensible, dicindo que Platón así sólo consegue duplicar os problemas a resolver. Fronte a esta ideoloxía, Aristóteles defende que a esencia das cousas non está nas ideas, senón que está no mundo físico ou sensible, eo ser por exelencia, é concibida como substancia, clave na súa filosofía.
O que nos leva ao primeiro tema a tratar que está de acordo co texto, a metafísica. Aristóteles, o autor, expón a súa teoría sobre a explicación do cambio no libro segundo da “Física”. Este será o tema máis importante do ensaio, xa que tratarei de responder ás cuestións da “Teoría hylemórfica”, dentro do apartado da physisatendendo á chamada “Teoría causal”.

Aristóteles expoñerá unha maneira de seu para tratar de explicar a súa concepción da natureza, a forma de entender o movemento (cambio). Deste xeito, o filósofo definirá este último concepto como “o paso de ser un acto a ser unha potencia” e usará o termo de “causa” para explicalo.
Aristóteles diferenciará entre catro tipos de causas que serán as queconleven o acto: por un lado está a causa material, o substrato. Como el mesmo di: “Chamo materia ao substrato inmediato de cada cousa, a partir do cal produciuse basicamente e non por accidente”; outra sería a causa formal, xa que pensa que a forma é aquelo ao que non se chega co cambio; por outro lado estaría a causa eficiente, a iniciadora ou o motor do cambio, dado que o pon en marcha e tamén opode parar; por último estaría a causa final, que el considera o fin, o propósito do cambio, polo tanto o filósofo oporase ao azar.
Pero Aristóteles tamén aplicará a súa “Teoría hylemórfica” no campo da antropoloxía, á concepción do home, intentando recuperar a unidade que Platón desfixo.

Aristóteles trata de diferenciar entre tres tipos distintos de almas, atribuídas aos distintos tipos de seresvivos, todos eles teñen no seu interior os tres tipos, pero en maior ou menor proporción, isto polo tanto podémolo comparar como similar con Platón. Pero Aristóteles atribuía os distintos tipos de almas aos distintos seres vivos existentes, mentras que Platón as relacionaba coa función social que desempeñaba un individuo e ademais, dicía que cada tipo de alma se atopa nunha parte do corpodistinta. Para o filósofo, por un lado estaba a alma nutritiva, maioritaria nas plantas, considerando que o seu único propósito era o de crecer, nutrirse, reproducirse, etc. En segundo lugar estaría a alma sensible (animais), como el di: “Se o ollo fose un animal, a vista sería a súa alma”, é dicir que a potencialidade do ollo sería a de acadar a visión como acto, como fin esperado. Por último estaría...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoría hylemórfica
  • Aristoteles teorías
  • Teorías de Aristoteles
  • teoria aristotelica
  • Teoria de aristoteles
  • Teoría de Aristóteles
  • Teoría Del Estado Aristóteles
  • Teoría de Aristóteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS