2

Páginas: 6 (1372 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2015
2.- A LÍRICA. TEORÍA E CRÍTICA DO TEXTO LÍRICO

A teoría da función poética de Roman Jakobson

R. Jakobson formulou esta teoría co fin de diferenciar a mensaxe verbal literaria doutras mensaxes verbais non artísticas. A función poética (poética, no sentido etimolóxico de "creación"), é a orientación da comunicación verbal "cara a mensaxe como tal". Jakobson recorda tamén os seis factores queinterveñen en todo acto de comunicación verbal e as súas funcións:

FALANTE EMOTIVA
OÍNTE APELATIVA
CONTEXTO REFERENCIAL
MENSAXE POÉTICA
CONTACTO FÁTICA
CÓDIGO METALINGÜÍSTICA

Cada factor determina unha función diferente. En cada mensaxe aparece unha función predominante, pero non única, senón combinada con outras. Respecto da"poética", di que non é exclusiva da literatura, pero si determinante dela, e que acentúa a separación entre o signo e o obxecto, dando máis relevancia ao primeiro.

As mensaxes verbais constrúense mediante dous procesos: a selección (dos signos dun código) e a combinación (dos signos seleccionados, na cadea da mensaxe). Pois ben, di Jakobson que a "función poética proxecta o principio de equivalencia doeixo da selección sobre o eixo da combinación". É dicir, que a lingua literaria elabora mensaxes buscando constantes equivalencias con signos xa emitidos.

A Jakobson se lle obxectou que a súa teoría non explicaba de todo a clave literaria, e que estaba demasiado supeditada ao punto de vista lingüístico-formal. De feito, o poema ou prosa lírica é o eido onde a función poética se dá con maiorintensidade, e onde a connotación está más presente, intensificándose a presenza da figuración retórica.

Concepcións da lírica

Segundo os teóricos que se achegaron ao xénero, a lírica respondería a forma de expresión literaria máis antiga, que algúns relacionan con fórmulas de pregaria relixiosa. Trazos da lírica:

1) Toda a creación lírica leva consigo a interiorización como disposición de ánimo.Sempre se conectou a lírica cun impulso subxectivo. Considérase unha das formas máis intensas e prestixiadas da chamada "escrita do eu".
2) Non contén unha historia nin unha trama.
3) Prefire as suxestións ás argumentacións. Dada a súa brevidade, o xénero vai na procura do instante, profundizando nunha emoción ou tema dado.
4) A que Jakobson chamou "función poética" dáse aquí máis que en ningúnoutro xénero. Outras características propias da lingua literaria tamén se acentúan neste xénero: é o caso do "estrañamento" ou "desvío" (con respecto a lingua de uso habitual).
5) Presenza dominante do verso. Ritmo forme e musicalidade; rima.
6) Comunicación directa ou diferida. A primeira é propia da lírica cantada. A diferida é propia dunha lírica intimista, nada co Romanticismo e a súaexaltación do Eu.



Un breve percorrido pola historia das concepcións da lírica permite comprobar que desde as orixes da teorización poética, a lírica foi considerada fóra do esquema dos xéneros literarios. Para Platón, a única poesía válida era aquela que os deuses poñían na boca dos poetas. A Poética de Aristóteles é definitivamente mimética, pois establece como base da arte poética a mímese, que o serhumano procura a través da palabra e a música, entendendo por mímese a imitación das accións humanas.

Non será ata o contexto renacentista, cando se incorpore a lírica como "terceiro xénero natural" xunto a épica e a dramática. Para integrala, amplíase o seu concepto: xa non só ten como obxecto as accións dos seres humanos, senón tamén os pensamentos, sentimentos, e mesmo, sucesos da natureza.Mencionaremos algúns dos xéneros líricos históricos, onde se atopan unha enorme variedade:

Canción. Desenvólvese na literatura popular e culta. Na popular atoparíamos as jarchas, cantigas galego-portuguesas e as cancións de influencia provenzal. O amor é o tema predominante.

Égloga. De orixe grega, a égloga lírica presenta escenas de tipo campesiño, con pastores, labradores... idealizados....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 2 2
  • 2
  • 2
  • 2
  • 2
  • 2
  • 2
  • 2

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS