1

Páginas: 12 (2820 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2015
1.- FUNDAMENTOS DOS ESTUDOS LITERARIOS.

OBXECTO DE ESTUDO

Termo e concepto de literatura ao longo da historia:

1) O termo "literatura" é polisémico. Naceu en latín o vocábulo "litteratura". O significado era: erudición, cultura da persoa letrada e así se conservou ata o s. XVIII. Para designar o que hoxe chamamos "literatura" empregouse daquela "poesía" (ou tamén "elocuencia" para a prosa).Na segunda metade do s. XVIII, Lessing utiliza en Cartas sobre Literatura por primeira vez o termo "literatura" para designar un conxunto de obras literarias. Primeiro circunscríbese a literatura dun país. Logo pasa a designar o fenómeno literario en xeral.

Mentras a palabra "poesía" quedaba restrinxida para referirse ás obras escritas en verso, enriquécese a polisemia de "literatura", pois otermo pasa a designar, ademais da produción literaria dunha época; a bibliografía sobre un tema determinado, o coñecemento organizado do fenómeno literario...

O termo "literatura" adquiriu pois os significados fundamentais que hoxe presenta: "arte que utiliza como medio de expresión e comunicación a lingua verbal, unha categoría específica de creación artística, un conxunto de textos resultantesdesta actividade creativa, unha institución de índole sociocultural".

2) Concepto.

Cómpre distinguir diferentes criterios para definiri á Literatura. Foi no s. XX, co Formalismo Ruso, a Estilística... cando se insistiu no necesario que era establecer un concepto de literatura como primeiro paso metodolóxico para estudala con rigor científico. R. Jakobson creou o concepto de "literaridade": é o quefai dunha determinada obra unha obra literaria, é dicir, o conxunto de medios polos que se transforma un acto verbal nunha obra literaria (unha especia de función poética). Deste xeito, o texto literario ten en si mesmo a súa razón de ser e a súa finalidade.

Fronte a esta definición referencial, achegouse máis tarde a definición convencional. Rexeitaráse a literaridade de Jakobson porque dinque atende só ás marcas formais dos textos literarios. Neste segundo enfoque, o da definición convencional, cómpre ter en conta que a literatura é un sistema semiótico aberto, que evoluciona co tempo, de xeito que a idea que se ten da literatura nun momento histórico dado pode modificarse despois.

Funcións da literatura.

A cuestión das funcións que pode exercer a literatura é fundamental paracoñecer a natureza do obxecto do estudo literario.

1. A función estética, non utilitaria. Nace con Baumgarten e I. Kant. O primeiro é o iniciador da Estética, e o segundo trata na súa obra o problema da finalidade da arte en xeral: a finalidade da arte é unha finalidade sen fin , xa que se trata do pracer que provén dunha satisfacción desinteresada.

Fálase da arte pola arte: rexeitamento da idea deProgreso, actitude amoralista ou inmoralista. Esta actitude pode levar a creación na obra literaria dunha moralidade propia: o escritor vive a literatura como unha práctica sagrada, o escritor diríxese a unha minoría selecta, hostilidade cara a natureza...

2. A función de coñecemento. Xa aparece formulada na teoría estética de Platón, segundo a cal, a filosofía conduce á verdade. En cambio afirmaque a maior parte da poesía (entendendo por ela toda creación literaria) desvía o ser humano da verdade, porque imita as cousas deste mundo, que son reflexo das Ideas. Logo a poesía é unha imitación de imitacións, e afasta aínda máis ao ser humano das Ideas. Platón só considera unha pequena porcentaxe a que chama "poesía inspirada", porque por ela falan os deuses a través do poeta.

NoRomanticismo volve a aparecer con forza esta cuestión. Para os románticos, a poesía é a mellor vía de coñecemento do que eles chaman o Absoluto (realidade profunda do ser). Así é como xorde a idea do "poeta vidente": a poesía é unha experiencia máxica e a lingua poética é unha vía de coñecemento da realidade. Esta concepción chegará tamén ao Surrealismo.

3. Función catártica. Consiste na función da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • EL RECICLAJE 1 1 1 1
  • Trinidad 1+1+1=1
  • BIBLIOGRAFIA DE PETER DRUCKER 1 1 1 1 1 1 1
  • Depreciaciones 1 1 1
  • El párrafo 1 1 1
  • FACTORING 1 1 1
  • desarrolloplacenta 1 1 1
  • ACTIVIDAD 1 1 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS