301 330 Tema 8

Páginas: 9 (2095 palabras) Publicado: 23 de abril de 2015
A proclamación da Segunda República o 14 de Abril de 1931, trouxo consigo grandes esperanzas para a poboación española, pero pronto se puideron ver os conflitos sociais que traía tamén o novo sistema de goberno (tales como a tremenda tensión entre agricultores, clase media e a tradicional clase alta) que aparecían en España debido principalmente a tres motivos:
- A debilitación da economíaespañola debido ao crac da bolsa de Nova York en 1929, sumado a imposibilidade de emigrar e ao avance do fascismo e autoritarismo en Europa.
- Unha sociedade dividida e enfrontada debido a que todas as clases sociais adoptaron unha postura intransixente ante todo tipo de reformas.
- Fragmentación política debida á liberdade democrática e de asociación que a República daba aos cidadáns.
Isto dividiu opaís en basicamente catro forzas políticas, autoritarios, de dereitas, republicanos e de esquerdas.
Mentres tanto, no poder, o Goberno Provisional (dirixido por aquel entonces por Alcalá Zamora, político republicano) convocou eleccións xerais a Cortes Constituíntes, que gañou a alianza republicano-socialista, polo que o goberno non se modificou, este periodo de goberno das esquerdas é denominadoBienio Reformista, por integrar varias reformas entre as que destaca a Constitución de 1931, para a cal as Cortes crearon unha comisión proporcional ao número de deputados e os someteron a referendo.
A Constitución foi aprobada o 9 de Decembro de 1931, e contiña artigos moi polémicos tales como o sufraxio feminino, pero non foi sometida a referendo popular, feito aproveitado pola dereita para nonrecoñecela debido a que non representaba á maioría da poboación. En liñas xerais a Constitución de 1931 foi bastante avanzada, pero foi fortemente rexeitada polas dereitas e os grandes empresarios, mentres que os movementos obreiros esixían máis.
Unha vez aprobada a Constitución, Alcalá Zamora converteuse no presidente da República mentres que Manuel Azaña foi elixido Presidente do Goberno, esteperíodo republicano destaca pola súa actividade reformista e innovadora que pretendía democratizar a vida política española e mellorar o nivel de vida das clases máis baixas.
No momento da proclamación da República, a Igrexa española tiña un enorme poder no país, o que creou unha enorme oposición dos sectores máis radicais da sociedade, que no momento da proclamación da República transformáronse enqueimas de igrexas e constantes enfrontamentos, o Goberno tiña en mente unha reforma relixiosa que finalmente se levou a cavo e trouxo grandes restricións para a Igrexa. A intolerancia tanto do Goberno como da poboación fixo que a cuestión relixiosa se converteuse nun dos motivos do enfrontamento entre españois en 1936.
En 1931, o exército español presentaba deficiencias na estrutura e noequipamento que eran necesarias corrixir, foi Azaña quen iniciou a reforma militar con tres obxectivos: reducir o poder político dos militares, reducir o número de oficias, corpos e unidades e aumentar a súa eficacia. Esta reforma foi coñecida como a Lei Azaña. As reformas crearon grande malestar en algúns sectores do exército, que ademais dos motivos persoais, estaba tamén a paulatina creación dasautonomías, que o exército interpretaba como separatismo e a destrución da patria. A República creou entón a garda de asalto, unha policía nacional republicana para conter as manifestacións e asegurar a orde pública.
A situación agraria de España tamén era penosa en 1931, polo que a necesidade dunha reforma agraria, que soamente sería efectiva se se conseguía unha reforma da propiedade da terra, eraobvia. Pero a reforma agraria tardou moito en chegar (oposición dos latifundistas e desacordos entre socialistas e republicanos) e cando o fixo fíxoo mal. O Decreto de termos municipais (contratar campesiños da zona), o Decreto de labor forzoso (obriga de cultivar), a lei de bases da reforma agraria (expropiación con indemnización) e a Lei de intensificación de cultivos (entrega de terras aos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEMA 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • Tema 8
  • TEMA 8
  • TEMA 8
  • Tema 8
  • Tema 8

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS