A_vida_privada 1

Páginas: 6 (1466 palabras) Publicado: 20 de octubre de 2015
A VIDA PRIVADA
A vida familiar: evolución histórica
“Familia”: conxunto de membros -incluindo os escravos- que viven baixo a potestas
do mesmo paterfamilias.
Monarquía e República: a patria potestas, exercida exclusivamente polo paterfamilias,
dirixe toda a vida familiar.
Imperio: a muller gaña dereitos respecto á patria potestas; as relacións pai-fllos son
máis cercanas. A familia, no sentidotradicional romano, vai evolucionando cara á súa
desintegración.

O NACEMENTO E A INFANCIA
O neno ten que ser lexitimado polo pai no momento de nacer: o paterfamilias levántao
do chan (filium tollere), recoñéceo e cólleo en brazos. Se non é aceptado polo
paterfamilias, o neno é abandoado extra muros (expositio); se é afortunado, será recollido
por algún tratante de escravos.
Aos oito días (nena) ounove días (neno), lévase a cabo a ceremonia da purifcación
(lustratio), cando se lle pon ao pescozo a bulla, unha especie de medalla que o protexerá
durante a infancia de todo tipo de males, e se lle da un nome. O costume dos tres nomes
(tria nomina) pode ser de orixe etrusca: se lle da o praenomen dun dos seus antepasados,
normalmente o pai – os praenomen eran moi poucos, aproximadamente 22;moitas veces
abreviábanse nunha soa letra-, o nomen (nome da gens) -similar ao noso apelido- e o
cognomen (nome da familia, unha especie de alcume para distinguir as familias). Poden
ter tamen un cuarto nome, o adnomen, que fai referencia a algunha característica física ou
psíquica, destaca algún feito importante do home, un diminutivo... Ex: Publius Cornelius
Scipio Africanus Maior. Se é nena, terásó un nome: o nomen en femenino (por iso todas as
mulleres da mesma gens tiñan o mesmo nome), engadíndoselle moitas veces o numeral
ordinal (prima, secunda, tertia), maior e minor.
A nai cuida ao neno durante a infancia; durante a época imperial, é frecuente a
presencia de neneiras nas casas ricas.

O MATRIMONIO
Antigamente, só os patricios tiñan dereito ao matrimonio (ius connubii). No ano 445
aCos plebeos acadan ese dereito gracias á Lex Canuleia, e no 18 AC permítese o
matrimonio entre ingenui (nados libres) e libertos. Só os escravos non conseguirán nunca o
ius connubii.
A idade mínima de iure para casar é de 14 anos para o rapaz e de 12 para a rapaza,
pero de facto solían ser os 17 e 14, respectivamente.
Ata a época de Augusto (s. I aC e dC) houbo dous tipos de matrimonio:
1.Matrimonio cum manu (“con poder”): A autoridade do paterfamilias pasa
directamente ao home; a muller dependerá totalmente del. No relativo a dereitos
familiares e sucesorios nunca será considerada maior de idade, senón unha flla máis.
Dentro deste tipo de matrimonio hai tres variantes:
a) Confarreatio: ceremonia relixiosa indisoluble, onde se ofrece a Xúpiter unha torta
(panis ferreus) que comparten osesposos en presencia do Flamen Diales (sacerdote) e dez
testigos Era o ritual preciso para aqueles que querían que os seus fllos fosen virxes vestais
ou flamines (sacerdotes) de Xúpiter. Co paso do tempo apareceu unha posibilidade de
disolución, a disfarreatio.
b) Coemptio ou “compra”: o pai “vende” á súa flla ao marido.
c) Usus: Os esposos fan vida común durante un ano, e adquiren os mesmosdereitos

legais que con calqueira das outras fórmulas
2. Matrimonio sine manu: A patria potestas da muller segue nas mans do seu pai; esta
emancípase e pode dispoñer libremente dos seus bens, que non teñen por qué ser
compartidos co home. Este tipo de matrimonio, máis moderno, faise frecuente a fnais da
República e época de Augusto.
A partires do s. I aparece unha nova fórmula que engade os sponsalia(similar á
cerimonia de pedida dos nosos día): os mozos comprométense diante dun grupo de
testemuñas a casar, compromiso validado por un anel que o mozo entrega á moza.
Despois procédese á cerimonia da voda.
Esta é parecida á de hoxe. A véspera, a moza consagra os seus xoguetes de nena e
unha túnica de doncela á divinidade. O día da voda, adorna o seu cabelo con cintas, cubre
o rostro cun veo e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Documento 1 1 1 1
  • EL RECICLAJE 1 1 1 1
  • Trinidad 1+1+1=1
  • BIBLIOGRAFIA DE PETER DRUCKER 1 1 1 1 1 1 1
  • FACTORING 1 1 1
  • desarrolloplacenta 1 1 1
  • ACTIVIDAD 1 1 1
  • Depreciaciones 1 1 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS