Alberto Iglesias Campos
Alberto Iglesias Campos
1º BACH A
Carlos Martínez
Lingua Galega e Literatur
1. Localización………………………………….3
2. Tema e argumento…………………………..4
3. Personaxes…………………………………...7
4. Estrutura…………………………...................10
5. Narrador..............................................................11
6. Tempo..................................................................117. Espazo...................................................................12
8. Lingua...................................................................13
9. Selección dunha cita...........................................13
10. Outro Final.........................................................14
11. Valoración crítica...............................................15
LocalizaciónDomingo Villar naceu en Vigo no ano 1971. É un coñecido escritor de novela negra que actualmente reside en Madrid. Escribiu guións para cine e televisión, e é crítico gastronómico nunha emisora de radio nacional (isto puido levalo a escribir que Leo Caldas traballase nunha emisora de radio) e colaborador en diversas publicacións escritas.
A súa creación literaria é a seguinte:
- Ollos de auga (2006)
-A praia dos afogados (2009)
Está agardando a que se publique un terceiro libro, Cruces de pedra, que tratará tamén do inspector Caldas.
Coas súas dúas novelas xa publicadas gañou os seguintes premios:
Premio Sintagma 2007
Premio Antón Losada Diéguez
Libro del año por la Federación de Libreros de Galicia
Premio Brigada 21
Premio Frei Martín Sarmiento
Tema e Argumento
TEMA
O temaprincipal deste libro é a morte, pois este basease na investigación do asasinato dun mariñeiro que aparece na auga xunto á praia, en Panxón. Posteriormente descóbrese que este mozo non e único morto senón que o asasino tamén acabou ca vida doutras dúas persoas.
Ademais deste tamén aparecen outros temas relacionados como pode ser a enfermidade, xa que paralelamente á investigación do asasinato taménaparece a historia do tío do protagonista, que se encontra ingresado no hospital. Tamén aparece o tema do amor, tanto entre o inspector Caldas e Alba, cuxa relación parece ter acabado, e a que manteñen Xosé Arias e Alicia Castelo, irmá do falecido.
ARGUMENTO
O relato comeza con Leo Caldas no hospital, visitando ao seu tío enfermo. Ao rematar a visita, o seu pai levouno á casa da aldea, onde chamarona Leo porque atoparan un cadáver nunha praia de Panxón. Cando o inspector se incorporou á investigación, informárono de que o morto era Xusto Castelo, mariñeiro da vila, que morrera afogado coas mans atadas cunha brida verde e con dous golpes producidos antes da súa morte. O feito de ter as mans atadas facía que parecera un asasinato. Dende ese momento, o inspector Leo Caldas e o seu axudante,Rafael Estévez, centráronse en atopar ao asasino, despois de falar cos veciños do pobo, os que só lles dixeron que Xusto Castelo, ao que todos chamaban O Rubio, era un home tranquilo e reservado.
Ao pouco tempo, Caldas e o seu axudante atoparon indicios de que o afundimento do Xurelo doce anos atrás podía ter algo que ver coa morte do mariñeiro. Nese afundimento morrera o capitán Sousa, e na barca domorto apareceran unhas pintadas coa data do afundimento e a palabra “Asasinos”. A investigación centrouse entón nos tripulantes do barco afundido, que eran, ademais do morto, Xosé Arias e Marcos Valverde. A pesar dos esforzos do inspector, a investigación non avanzaba, ata que descubriron que o mesmo día do afundimento desaparecera unha muller de Aguiño, preto do afundimento, onde se supuña quenon recalara o barco. Porén, no informe puña que o fillo de Rebeca Neira, a desaparecida, vira un mariñeiro louro que coincidía coa descrición do morto.
Apareceu pouco despois o barco do morto afundido preto da costa, un lugar de difícil acceso, xunto con un ferro que podía ser a ferramenta coa que golpearan ao Rubio antes de tiralo á auga. Volvendo do lugar onde atoparan o barco, o Leo Caldas...
Regístrate para leer el documento completo.