Aproximación Didáctica Á "Memoria Da Lingua" Documental Feito Polas Candongas Do Quirombo

Páginas: 41 (10121 palabras) Publicado: 12 de enero de 2013
Aproximación didáctica
do audiovisual
«a memoria da lingua»
Andrea Nunes Brions | Xuño 2011


ÍNDICE
1. Introdución / 5
2. O documental / 7
3. Os relatos de vida / 9
4. Lingua e xénero / 11
5. A memoria da lingua / 13
6. Proposta didáctica / 15
6.1 Contextalización e xusti cacion / 15
6.2.- Obxectivos didácticos /15
6.3.- Obxectivos especí cos / 16
6.3.1. En relación ao contorno /16
6.3.2. En relación ao profesorado / 17
6.3.3. En relación ao alumnado / 17
6.4 Contido / 18
6.4.1. Contidos conceptuais / 18
6.4.2. Contidos procedimentais / 18
6.4.3. Contidos actitudinais / 18
6.4.4. Contidos transversais / 19
6.5. Metodoloxía didáctica / 19
6.6. Materiais e recursos didácticos / 20
6.6.1. Recursos bibliográ cos / 20
6.6.2. Recursos audiovisuais / 20
6.6.3.Recursos informáticos / 20
6.7. Avaliación / 20
6.7.1. Procedementos de avaliación / 20
6.8. Actividades e secuenciación / 22
6.8.1. Actividade do profesorado / 22
6.8.2. Actividade do alumnado (Unidade Didáctiva) / 23
7. A modo de conclusión / 55
8. Bibliografía e webgrafía / 57
9. Anexo /61

1. INTRODUCIÓN

A rápida evolución das novas tecnoloxías e os avances canto aos mediosaudiovisuais fomentan
nas persoas un coñecemento multimedia e, consecuentemente, multisensorial. Desde o noso
punto de vista, a utilización de material audiovisual na aula é relevante desde a perspectiva do
proceso de ensino-aprendizaxe xa que o alumnado gaña en motivación e en interese cando estes
se utilizan. Por tanto, trátase dun instrumento útil para a consecución desa aprendizaxe ao tempo quexera actitudes positivas no alumnado, dado que o feito de que as aulas integren outros
soportes distintos ao papel atrae a súa atención e mesmo a participación activa.
Neste sentido, o audiovisual escollido para a plani cación e o deseño de actividades na aula
é o documental A memoria da lingua das Candongas do Quirombo, grupo no cal eu mesma
participo. Paréceme un recurso do que se poden tirardiversas actividades e de moi diferente
tipoloxía, isto é, podemos traballar diferentes aspectos do currículo da materia de lingua e
literatura, tanto relacionadas co campo da sociolingüística, como co da gramática, da literatura e mesmo da socioloxía, mais todo desde unha perspectiva integrada, pois é moi frecuente
estudar os fenómenos de forma isolada, o que non favorece a re exión e oespírito crítico do
alumnado que ten coñecementos parciais e estancos que non é quen de relacionar.
As actividades estarían destinadas, nomeadamente, ao curso postobrigatorio de 1º de bacharelato, mais non se descarta que poidan ser utilizados nos cursos do ensino secundario obrigatorio (ESO). Con todo, e aínda que se estean a traballar contidos relevantes, a presenza da
selectividade pode, nestescursos, ser un impedimento para a realización deste tipo de actividades, dado que as aulas están orientadas de maneira fundamental á preparación desta proba.
Por tanto, a ESO e 1º de Bacharelato parecen os contornos máis propicios para as desenvolvermos, cómpre ter en conta que canto maior sexa a idade do alumnado, máis probabilidades
teremos de realizar actividades que requiran dunha re exióncrítica.
O documental «A memoria da lingua» foi o documental elixido para abordarmos a nosa proposta didáctica xa que con el podemos tratar temas sociolingüísticos, os prexuízos, o con icto
lingüístico, a diglosia, cuestións de lingua e xénero, a transmisión interxeracional, identidade
lingüística, etc.

5

2. O DOCUMENTAL

No recente documental «A memoria da lingua» das Candongas doQuirombo1 recóllense opinións de falantes que sentiron ou senten a represión e a sorna en primeira ou terceira persoa
polo feito de falar o galego, unha situación frecuente nos anos da ditadura franquista apoiada
polos poderes políticos e sociais do momento, mais unha situación que aínda se vive hoxe.
Cada vez menos pais e nais lles falan galego ás súas crianzas freando así o uso da lingua nas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cristalización do modelo de lingua, estilo e terminoloxía galega da localización
  • historia da lingua
  • Linguas da península ibérica
  • Linguas da Península Ibérica
  • Resumen y Comentario del Documental de polo a polo
  • Fuente documental: no-do
  • Aproximación a la didáctica del Álgebra
  • memoria do corpo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS