Arquitectura Egipcia Y Griega

Páginas: 18 (4297 palabras) Publicado: 14 de febrero de 2013
EXIPTO
Exipto é máis cunha cultura, é un sentimento, un estado de ánimo polo que se rixe a súa
poboación, e que xira principalmente entorno á morte, como apreciamos na arquitectura.
Non obstante, cómpre falar primeiramente da súa paisaxe, pois o gran rio Nilo condiciona a vida
dos cidadáns. De este xeito, chegan a diferenciar tres estacións en función da actividade do rio,
que son: a deinundación, sembra e sequía. A inundación do río dase unha vez ao ano, coma a
finais de Xunio, o que agradece a terra de Exipto, pois pese á sequía consecuente do deserto que
a rodea, tra-la inundación a terra serve para a colleita.
Pero o Nilo non só aporta a maior fonte de auga ao pais, se non que tamén trae nas súas augas
Limos negros dende Utopía, sendo así Exipto a terra negra, e o deserto avermella. É esta “terra
vermella” a que protexe á negra de posibles invasións coma as que se daban ao longo de
Mesopotamia.
Incluso a natureza do río, o seu movemento, permite distinguir entre Baixo e Alto Exipto.
O Sol tamén é imprenscindible para comprender a cultura exipcia, pois o seu movemento regular
de este a leste, permitiu, por exemplo, determinar unha perpendicular co río, formandoun eixe
polo que se rexería a arquitectura, a distribución de campos, cidades, etc.
Outro factor determinante desta cultura foi a relixión, pois nunha sociedade na que se venera ao
faraón como se a encarnación dos Deuses fose, observamo-lo empeño por alcanzala idea do
maat. De imposible tradución, consistía na armonia de conceptos coma a verdade, a xustiza, a
seguridade.. Termo que acentúa oconservadurismo polo que se rexe esta sociedade, pois
consideran que a maior cambio, máis se alonxan da vida terrenal que antaño experimentaron os
Deuses, seres perfectos o que implica a perfección do seu modo de vida.
De igual xeito, o termo eternidade tiña un gran valor, pois baixo a creenza de que a vida
baseabase principalmente no ka e no ba, sendo en termos occidentais actuais, o ka oalma, e o ba
o propio corpo fisico, a conservación do ka tra-la morte era moi importante. Asi mesmo, xorde o
termo de momia, ou o emprego do silar de pedra, material moi resistente para as edificacións
funerarias, fronte ao ladrillo de barro das vivendas. Pese á natureza efímerade este material, é
certo que perdura no clima exipcio, pois non esta pensado para a chuvia.
Este material comezase aempregar hacia o ano 5500 a.C, época na que se comezan a asentar
poboados ao longo do Nilo, distingindo, como xa dixemos entre Alto e Baixo Exipto. En conxunto,
distinguimos 40 nomos, o que hoxe chamaríamos pronvincia.

Coa aparición das cidades tamén xorde a agricultura organizada, asi coma a escritura xeoglífica.
Chegados ao ano 3100 a.C o lexendario rei Menes, unificou ambos reinos, dandolugar á primeira
das trinta dinastías en total, e a un novo periodo histórico. Con capital en Menfis, punto intermedio
que permitía a vixianza de todo o reino, pronto se formou un goberno que administrase a auga de
río Nilo, favorecendo o nivel de vida, e o nombramento dun monorca absoluto, isto é o faraón, que
coma xa dixemos, considerábase herdeiro dos poderes divinos. E ainda que históricae
politicamente a cultura sofreu diversos cambios, o certo é que a morte de este personaxe é a
maior motivación da arquitectura exipcia dinástica, sen importar a época. Falamos de dinástica,
xa que as sepulturas predinásticas, apenas consistían en criptas cubertas de pedra, facilmente
desenterrables. Asi pois, coa dinastía esta práctica evolucionou, de xeito que a cripta servía de
basamentodunha edificación cerrada polos xa nomeados ladrillos de barro prensado. Co tempo,
estas edificacións comezaron a adquirir importancia, incoporando novas seccións, cámaras. Asi
pois, estas pirámides escalonadas e de base rectangular, tendían a agruparse, de xeito que os
membros dunha mesma familia, compartisen unha unión na ultratumba, similar á da vida terrenal.
Perante a III Dinastía, dase...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Arquitectura egipcia
  • Arquitectura egipcia
  • arquitectura egipcia
  • Arquitectura egipcia
  • Arquitectura Egipcia
  • arquitectura egipcia
  • Arquitectura Egipcia
  • Arquitectura Egipcia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS