Arte romana

Páginas: 36 (8758 palabras) Publicado: 17 de noviembre de 2013
TEMA 4: ARTE ROMANA.

ANTECEDENTES: ARTE ETRUSCA
Etruria era a rexión ocupada polo pobo etrusco. Coincidía coa actual Toscana e durante os Ss. VII-V ane ocuparía a maior parte de Italia.
As manifestacións artísticas etruscas estiveron moi influídas pola arte grega, sobre todo trala fundación da colonia de Magna Grecia, arte exipcia e de Asia Menor. A helenización das elites romanas irá enaumento e será xa un feito cando Roma conquiste Siracusa en Sicilia no 211 ane e no 209 conquista Tarento.
As aportacións etruscas á arquitectura romana foron:
Templos: Non se conserva ningún, pero sábese que o crepidoma se construía en pedra, mentres que todo o demais se facía en ladrillo e madeira. Tiñan un pórtico de catro columnas que daban acceso a tres naves ou cellas paralelas, cunha portacada unha. O pórtico do edificio será a única vía de acceso e terá un gran desenvolvemento arquitectónico e decorativo. Cando o templo era de menor rango só tiña unha nave. Cuberta a dúas augas e pezas de terracota tapando as trabes de madeira, constitúen o friso, con relevos policromados. Este modelo de templo será o empregado polos romanos.
Arco e bóvedas.
Columna Toscana: Interpretaciónetrusca do dórico grego, o capital é máis sinxelo que o dórico e leva basa xónica.
Tumbas etruscas: Escavadas na rocha e cubertas por un outeiro e un túmulo de forma cónica. O seu interior ía decorado como unha rica vivenda.
ESCULTURA: Dous aspectos da escultura etrusca serán empregados polos romanos:
Sarcófago dos esposos: 530 ane. Representa á parella nunha situación cotiá con rasgos anatómicosdos kouros e korés gregas.
Retrato de Lucio Xunio Bruto: 300-250 ane. Foi o lendario fundador da República romana, derrocando ao derradeiro rei etrusco. Destaca o seu realismo.
PINTURA: Técnica ao fresco, empregábanse nas tumbas inspiradas na cerámica grega. Recreaban o ambiente familiar da persoa morta. Exemplos tumba dos leopardos, a de Triclino e a dos vasos pintados.

ARQUITECTURA ROMANA. ACIDADE ROMANA: TIPOLOXÍA E FUNCIÓN DOS EDIFICIOS PÚBLICOS.

- A civilización romana comeza o seu desenvolvemento histórico no I milenio ane, máis concretamente a partir do s. VIII ane. cando Roma é unha cidade do centro de Italia gobernada por reis. Esta época móvese entre a historia e a lenda: Sucédense catro reis romanos e sabinos alternativamente e tres reis etruscos, que serán os quedeixen a súa pegada na cidade pois a embeleceron e a amurallaron.
O último dos reis etruscos foi expulsado do poder por unha rebelión popular que deu paso no 509 ane. ao período republicano.
CRONOLOXÍA:
- Do 509 ao 27 ane. en Roma establécese unha nova forma de goberno: a República. Durante esta época Roma conquistará a Península italiana (s. III ane.); tras a vitoria nas Guerras Púnicas (contraos púnicos ou cartaxineses) faise co control da Península Ibérica e Norte de África e finalmente conquista o Mediterráneo Oriental (146 ane.: destrución de Cartago e Grecia pasa a ser provincia romana).

- As constantes guerras de conquista e, sobre todo, as Guerras Civís do s. I ane. provocan un grande descontento político e social que será o que permita que en Roma se acepte que un so home,Octavio Augusto, acapare todo o poder inaugurando así unha nova etapa: O Imperio, que se desenvolve dende o 27 ane. ao 476 dne.
Os séculos I e II dne. foron de expansión e engrandecemento do Imperio, mentres que do s. III ao s. V se suceden os problemas internos, sobre todo debido a:
· Debilidade dos emperadores.
· Problemas sucesorios.
· O feito de que a veces é o exército o que nomea ou depónaos emperadores.
Si a esa debilidade política se une o desgaste económico do Imperio e a penetración dos pobos xermanos, chégase así ao fin do Imperio Romano de Occidente (xa que a parte Oriental do Imperio, como Imperio Bizantino, pervivirá hasta o s. XV).
Durante o desenvolvemento de Roma deuse un rico intercambio entre a metrópole e as cidades periféricas, levándose a cabo un proceso de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Arte romano
  • El arte romano
  • Arte Romano
  • Arte Romano
  • Arte romanico
  • Arte Romanico
  • arte romano
  • Arte Románico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS