As revolucións liberais e nacionalismo

Páginas: 16 (3901 palabras) Publicado: 14 de diciembre de 2014
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E O NACIONALISMO


A)A REVOLUCIÓN AMERICANA

1)A guerra de independencia

As trece colonias británicas situadas na costa leste de América do Norte fóronse configurando lentamente desde o século XVII. A mediados do século XVIII , as colonias estaban habitadas por poboación branca e tamén negra. Os negros, eran maioritariamente escravos nas plantacións do sur. Aagricultura era a actividade económica fundamental en todas as colonias, pero no norte tamén se desenvolveran algunhas manufacturas e un activo comercio. As diferencias sociais entre os brancos non eran tan marcadas como na sociedade europea, pois non existía unha sociedade estamental.
O inicio do conflicto entre as colonias e Gran Bretaña ven motivado polo descontento ante o trato que lles daba ametrópole. Despois do triunfo de Gran Bretaña sobre Francia na Guerra dos Sete Anos(1756-1763) , a situación internacional cambiou e tamén a situación interna nas colonias. Francia perde Canadá e a Luisiana, e os colonos vense libres da competencia comercial francesa. Pero Gran Bretaña quixo resarcirse dos gastos ocasionados polo conflicto aumentando a presión fiscal: creáronse novos impostossobre o azucre e outros produtos; prohibiuse a colonización máis ó oeste para defender os intereses das compañías inglesas; restrinxiuse a apertura de novas industrias....Aínda que o goberno inglés rectificou, ante as protestas, mantivo un imposto sobre o te. Isto provocou no porto de Boston o motín do te (1773), no que un grupo de colonos lanzaron ó mar a carga de tres barcos da Compañía dasIndias Orientais, como protesta. As tropas reprimiron con dureza a revolta, e impuxéronse duras sancións a Boston e Massachusetts e recortáronse os dereitos individuais.
Os colonos reuníronse no Primeiro Congreso Intercontinental de Filadelfia (1774) , onde se aprobou un boicot comercial ó Reino Unido ata conseguir a restauración das liberdades. A intransixencia da metrópole leva a que en 1775 comecea guerra. Ó ano seguinte o Segundo congreso continental de Filadelfia aproba a Declaración de Independencia. Nese mesmo ano a Convención do Estado de Virxinia aprobou unha Declaración de Dereitos do home: vida, liberdade, dereito a felicidade. Os ingleses foron derrotados na decisiva batalla de Yorktown, e firmaron a paz de París en 1783.

2)A Constitución dos Estados Unidos

A Constituciónamericana foi a primeira que recolle os principios do liberalismo. Esta constitución foi aprobada en 1787. Establécese un Estado federal, no que cada estado ten un goberno que conserva gran autonomía para asuntos interiores. A forma de goberno é a República. Recolle a división de poderes.
O poder executivo reside no Presidente, que é primeiro ministro e Xefe do Estado; é elixido por un mandatode catro anos, renovable por outros catro. Ten dereito a veto.
O lexislativo corresponde a un Parlamento Bicameral, composto polos representantes do pobo dos Estados Unidos (Cámara de Representantes) e dos diferentes estados que integran o Senado. A Cámara de Representantes é elixida cada dous anos por sufraxio universal directo en proporción ós habitantes de cada Estado, mentres que o Senadoestá composto por dous representantes de cada Estado con independencia da súa poboación. Ten capacidade lexislativa, e tamén aprobaba os presupostos.
O Tribunal Supremo é a máxima instancia xudicial, sendo designados polo senado a proposta do presidente.

B) A REVOLUCIÓN FRANCESA

1)As causas da Revolución

-Incremento da tensión social e descontento da burguesía. A sociedade segue mantendounha estructura estamental na que os privilexiados (4’5 %), posuían unha parte moi importante da riqueza. Existían grandes diferenzas en cada un dos estamentos, pero gozaban das vantaxes do sistema (honores, cargos públicos, exención de tributos...).
O terceiro estado, vivía sometido e tiña motivo de descontento, especialmente a burguesía e os máis pobres. A burguesía non aceptaba a súa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Revolucions Liberais
  • liberais,o
  • Cap 3 Las Econom As Provinciales Y Sus Nexos Con Las Econom As Nacional E Internacional
  • as normas nacionales sobre alimentación infantil
  • Gu As Nacionales De Osteoartritis
  • L'era de les revolucions
  • Revolucions llatinoamericanes
  • Revolucions Hispanoamericana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS