ASESORÍA PARA A EDUCACIÓN E FORMACIÓN AO LONGO DA VIDA

Páginas: 10 (2256 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2014
PROXECTO DE TRABALLO PARA O
SERVIZO DE XESTIÓN ECONÓMICA E EDUCACIÓN DE ADULTOS

ASESORÍA PARA A EDUCACIÓN E FORMACIÓN AO LONGO DA VIDA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL, E INNOVACIÓN EDUCATIVA




ÍNDICE


1.- INTRODUCIÓN: O SERVIZO DE XESTIÓN ECONÓMICA E EDUCACIÓN DE ADULTOS NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
2.- AS ENSINANZAS DE ADULTOS.
3.- LEXISLACIÓNBÁSICA DE ADULTOS.
4.- A APRENDIZAXE PERMANENTE NO MARCO DA UNIÓN EUROPEA: A ESTRATEXIA DE LISBOA.
5.- FUNCIÓNS DUN ASESOR/A PARA A EDUCACIÓN E FORMACIÓN AO LONGO DA VIDA.
6.- SUXERENCIAS DE MELLORA NAS ENSINANZAS DE ADULTOS.
1.- INTRODUCIÓN: O SERVIZO DE XESTIÓN ECONÓMICA E EDUCACIÓN DE ADULTOS NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
O Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos é unha das dúasunidades en que a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial está estruturada (a outra unidade é o Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial). Esta Subdirección é a súa vez parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, responsable da ordenación do ensino regrado en toda a súa extensión.
A este Servizo correspóndenlle as seguintesfuncións:
 Elaboración do anteproxecto de orzamentos da dirección xeral e control da xestión e execución do gasto nas súas unidades.
 Planificación e proposta da ordenación académica da educación das persoas adultas e a coordinación na elaboración de materiais de apoio para o seu desenvolvemento.
 Coordinación das actuacións que en materia de educación de persoas adultas realicen asdiferentes unidades e centros docentes desta consellería.
 As propostas de autorización, seguimento e avaliación de proxectos experimentais e a determinación dos criterios para asesoramento e supervisión dos proxectos curriculares dos centros no referente a estas ensinanzas.
 Coordinación, seguimento e avaliación dos programas educativos europeos e internacionais.
 Calquera outra análoga quelle sexa encomendada.
2.- AS ENSINANZAS DE ADULTOS.
Moitos dos seguintes cursos estarán soamente en aqueles centros autorizados polo departamento territorial correspondente cando exista unha demanda suficiente. A oferta educativa de adultos poderá abranguer as seguintes ensinanzas:
 Ensinanzas básicas iniciais: equivalen á educación primaria para persoas adultas. Están destinadas a aquelaspersoas que deben recordar as técnicas básicas da lectoescritura e das habilidades numéricas. Están estruturadas en Nivel I e Nivel II.
 Educación secundaria para persoas adultas: conduce á obtención do título de graduado en secundaria. Dependendo dos estudios previos que teña a persoa interesada, poderá realizarse en dous ou nun curso escolar. As modalidades son tres: presencial, a distanciasemipresencial e a distancia telemática que soamente se pode cursar no IES San Clemente de Santiago de Compostela. O ensino está estruturado en ámbitos e o alumno poderá matricularse soamente do ámbito que teña suspenso e non do curso completo.
 Bacharelato de adultos: conduce á obtención do título de bacharel e cúrsase cunha organización e metodoloxía específica para as persoas adultas. Impártesenas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía e tamén como a Educación Secundaria ten tres modalidades de ensino: bacharelato presencial, bacharelato a distancia semipresencial e bacharelato a distancia con titorías telemáticas, que pode cursarse soamente no IES San Clemente, de Santiago de Compostela. En todas as modalidades os alumnos poderán matricularse de materiasilladas.
 Formación profesional inicial: no curso 2010/11 comeza a oferta de formación profesional a distancia nestes ciclos formativos: Ciclo de Grao Superior de educación infantil e Ciclo de Grao Medio de emerxencias sanitarias.
 Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio
 Módulos voluntarios de Programas de Cualificación Profesional Inicial
 Aulas Mentor:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • formacion para la vida y el trabajo
  • Formacion para la vida y el trabajo
  • Formacion Para Vida Y Trabajo
  • Formacion para la vida
  • formacion para la vida y el trabajo
  • UNA EDUCACIÓN PARA LA VIDA
  • Educacion para la vida
  • Seminario educacion para la vida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS