Bisontes en el ártico

Páginas: 8 (1912 palabras) Publicado: 17 de abril de 2014
Manuel González Poses
Antrpoloxía de Xénero

Análise e comentario dun texto de Simone de Beauvoir.

1.Presentación.
O texto que imos analizar é un breve fragmento extraído da obra O segundo sexo, libro de importancia capital tanto dentro da produción persoal da autora existencialista Simone de Beauvoir como dentro da historia do feminismo en xeral.

2.Esquema.
1. Recopilación decitas que darían conta da relación de subordinación da muller con respecto ao home ao longo da historia.
1.1 Época Antiga: Aristóteles.
1.2 Época Medieval: Santo Tomás.
1.3 Época contemporánea: Michelet e Benda.

2. Conclusións
2.1 O home é tomado históricamente como punto de referencia e a muller aparece como o diferente a este.
2.2 A muller é o único "suxeito sexuado" dende a perspectivamasculina.
2.3 A muller é o Outro.

3. Resumo e tema.
O texto amosa as diferentes concepcións sobre a muller sostidas dende a Idade Antiga ata o presente. En todas elas aparece unha perspectiva androcéntrica: a muller é definida como o que non é un home e é entendida a partir deste. A muller é "o" sexo diferente, o home simplemente "é" por sí mesmo. A autora entende que isto coloca aosuxeito femenino nunha posición de alteridade absoluta, como o Outro.

4. Título.
A Outra subordinada.


Comentario.

O seguinte texto que imos comentar é un fragmento dunha das obras máis ambiciosas e coñecidas do feminismo europeo do século XX: O segundo sexo (1949), escrita pola francesa Simone de Beauvoir.

Neste libro, a autora examina diferentes temas dende unha ópticaexistencialista e, sobre todo, feminista. Hai lugar nel para realizar unha análise histórica do papel da muller en relación ao home -precisamente, o fragmento que imos comentar aborda esta problemática-, para polemizar con dúas das máis importantes correntes de pensamento que existían no momento e que propoñían modelos para pensar a cuestión feminista, como foron -e de feito, aínda son- a psicanálise e omarxismo, etc.

Mais, quen foi Simone de Beauvoir? Se a pregunta parece sinxela, a resposta, que o é tamén, dános material, e veremos por que, para penetrar na idea central deste texto.

Unha rápida búsqueda na internete arroxa como resultado que Simone de Beauvoir foi unha coñecida filósofa, escritora e pensadores francesa. Acto seguido, hai unha frase omnipresente á que se lle concedeunha relevancia variable: "foi parella de Jean-Pual Sartre". Para algúns diarios1
que fose parella do pensador existencialista é directamente o máis importante. Nun artigo de European Graduate School dise que "Beauvoir foi unha filósofa coñecida pola súa relación con Sartre". Exhortamos ao lector a recordar estes breves bocexos biográficos, que se nos revelarán como exemplos das contradicións quese poñen de manifesto nalgúns dos xuicios de varios intelectuais, citados neste fragmento pola filósofa: reflíctese neles certo prexuicio androcéntrico, certa noción patriarcal que atravesa o seu pensamento no tocante á abordaxe dunha "diferencia sexual" que se da por suposta.

Comeza Beuavoir citando a Aristóteles. O Estaxirita di que "a femia é femia en virtude de certa falta decualidades". Dáse conta, logo, da situación de discrminación que se vivía na Antiga Grecia, onde o seu dereito á cidadanía era negado -aspecto que ás veces se pasa por alto dende o ámbito das Humanidades, coa constante e atractiva idealización do mundo grego como locus amoenus-. A fundamentación filosófica desta discriminación práctica aparece refletida nesta cita. Revístese este conflito entre dominante edominado cun verniz racional-filosófico -co que poderíamos considerar esta idea como unha formación netamente ideolóxica-: a muller é inferior, fáltalle algo e isto non é só o máis substancial nela, senón que é ela mesma. A súa falta constitúea como muller, e entorno a esa mesma falta eríxese todo o complexo do xénero femenino: debemos considerar que o carácter das mulleres padece dun defecto...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • SIN BISONTES
  • bisontes
  • Artico
  • Artico
  • El Artico
  • Artic.
  • artic
  • EL ARTICO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS