Celestino Fernández de la Vega

Páginas: 55 (13650 palabras) Publicado: 22 de noviembre de 2014
CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA

Autor: Siro López Lorenzo
Introdución

Cando no ano 1969 lin e relín O segredo do humor sentínme deslumbrado e orgullosamente galego. Xamais tivera nas mans un estudio tan rico e rigoroso sobre unha materia que me interesaba tanto. Pouco despois empezaría a publicar os meus primeiros debuxos de humor narevista Chan, editada en Madrid e dirixida por Borobó, e a lectura demorada da obra de Celestino Fernández de la Vega axudoume a atopar o camiño a seguir.
Non tratei a Celestino ata o ano 72, cando coincidimos no Seminario do Libro Galego, que se celebrou no Castro, en Sada, coa participación de importantes personalidades da cultura galega, e se a lectura do seu libro me deixara fondamenteimpresionado, as primeiras conversas co autor fixéronme comprender que non esaxeraba Ramón Piñeiro, o seu entrañable amigo, cando mo describía como unha das mentes máis analíticas do país e como unha das persoas con máis ampla formación cultural. Plantexeille algunhas das moitas preguntas que a lectura de O segredo do humor me suxerira e, como o diálogo abrira o meu apetito de saber, semanas despois funpasar uns días a Lugo para estar perto del e seguir tratando dunha materia que ía ter moita máis importancia na miña vida do que daquela poidera parecer.
O Cilistro -así o chamaba sempre Piñeiro- e María Luísa, a súa muller, acolléronme con extraordinaria cordialidade, abríronme a súa casa e regaláronme o seu tempo. Foi Celestino quen me presentou a Ánxel Fole e a Pepito Gayoso, quen me guioupolo Museo Provincial e quen me levou a Santa Eulalia de Bóveda. Con el volvín sentir a cidade de Lugo, tan próxima a min por fortes lazos familiares, como algo propio e entrañable e coido que a este estraño engado que aínda hoxe exerce en min a cidade entre murallas non é alleo o privilexio que supuxo ter un cicerone como Celestino Fernández de la Vega.
Coincidimos en ocasións tan sinaladas comoa do ingreso de Marino Dónega na Real Acadenia Galega, no 1973, ou na exposición de Grosz en O Castro, Sada, no 1975. Estivo en todas as miñas exposicións e conferencias en Lugo, e nalgunha ocasión fíxome a honra de ser o meu presentador. Non foi a nosa unha amizade alimentada pola convivencia, pero si foi firme e permanente. Tiñamos en Ramón Piñeiro un intermediario e a través del dialogabamos.Sempre contei coas súas palabras de ánimo para levar adiante os meus estudios sobre o humor gráfico e a caricatura en Europa, e a repercusión que determinados movementos tiveron en Galicia.
A Consellería de Cultura pediume un libro sobre Celestino Fernández de la Vega e confeso que dubidei en aceptar o encargo, porque sei que hai persoas moitísimo máis capacitadas ca min para tratar da súaobra. Aí está o espléndido traballo de Carlos Fernández recollido no libro O pensamento epocal de Celestino Fernández de la Vega, que obtivo o premio Ánxel Fole no ano 88, e tantos outros de distintos autores, publicados na revista Grial. Se me decidín a emprender esta tarefa foi pensando en que os amantes da filosofía son quen dispoñen de máis material para estudialo, pero que o home Cilistro, apesar do seu engado, segue a ser un grande descoñecido, mesmo para a mocidade do Lugo que tanto amou. Propóñome, pois, un labor de achegamento á súa figura e á súa complexa personalidade para llo presentar á Galicia máis nova. Conto coa axuda inestimable doutros amigos comúns que me axudarán a tracexar este deseño, que confío en que terá máis de retrato fiel ca de esaxerada caricatura.I
Perfil biográfico

Celestino Fernández de la Vega era fillo de Hixinio Fernández de la Vega, natural de Castroverde (Lugo), notario de profesión, e de Ánxela Pardo Saavedra, natural de Friol, na mesma provincia. Cando o notario se instalou en Friol coñeceu á que sería a súa muller, casaron e formaron unha familia numerosa, con oito fillos, entre os que Celestino, nado no...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De La Belleza
  • Fernandez
  • Fernandez
  • fernandez
  • Fernandez
  • Vega
  • Vega
  • Las vegas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS