Clásicos

Páginas: 39 (9531 palabras) Publicado: 12 de enero de 2015
.

PAU

Código: 22

XUÑO 2011
CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS
Instrucións: O alumno deberá elixir unha das 2 opcións (A ou B) das que se compón a proba.

OPCIÓN A
1.

Contesta as seguintes cuestións relacionadas cos RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS. Valoración: 3 puntos (1
punto/cuestión).
1.1. Explica brevemente UN impacto ambiental sobre a atmosfera producido por un vertedoiroincontrolado de
residuos sólidos urbanos.
1.2. Cita DÚAS vantaxes e DOUS inconvenientes das incineradoras como método de eliminación de residuos.
1.3. ¿A partir de que residuos sólidos se forma o compost? Sinala UNHA das súas posibles aplicacións.

2. A táboa seguinte representa o tempo de residencia na atmosfera de certos contaminantes. En relación con ela,
contesta as cuestións que se presentan.Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).

2.1. Elixe DOUS compostos da táboa e sinala cál é a súa
procedencia.
2.2. ¿Con que problema ou problemas ambientais están
relacionados os dous primeiros?
2.3. ¿Que factores/mecanismos inflúen na dispersión dos
contaminantes atmosféricos?

3. Cos termos que se presentan a continuación construír 4 frases nas que se integren só 3 en cada unha delas.Os
termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista, pero
nunca se empregarán máis de 3 dos que se propoñen; haberá polo tanto 3 que non serán utilizados. Valoración: 1 punto
(0,25 puntos / frase ben construída).
Biogás - Escala Mercalli - Riqueza - Profundidade - Sísmicos - Gradiente Xeotérmico - Temperatura Biodiversidade -Disolución - Especies - Nitrificación - Parasitismo - Magnitude - Ciclo Bioxeoquímico Nitróxeno.
4. Define os conceptos que se indican a continuación. Valoración: 2 puntos (0,4 puntos/Definición).
Especie eurioica - Efecto Coriolis - Desertización - Vulnerabilidade - Ventos Alisios.
5. Sinala como verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes frases. As respostas erróneas puntuarán negativamente. Nonserá válido responder nesta folla impresa. Valoración: 1 punto (0,1 punto/acerto).
5.1. Na realimentación negativa ao aumentar un factor "A" aumenta o factor "B", pero o incremento de "B"
provoca a diminución de "A".
5.2. Os ciclos bioxeoquímicos, como calquera ciclo de materia, son abertos.
5.3. A escala de Mercalli mide a magnitude dun sismo en función da enerxía liberada no foco.
5.4. Acapa de ozono presenta o seu espesor mínimo no ecuador e máximo nos polos.
5.5. As fontes de enerxías renovables emiten gases á atmosfera e xeran residuos.
5.6. A autodepuración das augas depende, entre outros factores, da cantidade de O2 disolto.
5.7. A sobreexplotación dun acuífero pode provocar un descenso do nivel freático.
5.8. As borrascas dificultan a dispersión da contaminación.
5.9. Acombustión dos hidrocarburos emite á atmosfera grande cantidade de CO2, o cal favorece o efecto
invernadoiro.
5.10. A produtividade representa o rendemento dun nivel trófico ou dun sistema.

.

Código: 22

PAU
XUÑO 2011
CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS
Instrucións: O alumno deberá elixir unha das 2 opcións (A ou B) das que se compón a proba.

OPCIÓN B
1.

Contesta as seguintescuestións relacionadas coa BIOSFERA. Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).
1.1. ¿Como afecta ao ciclo do fósforo o abuso de fertilizantes químicos e o uso de deterxentes con fosfatos?
1.2. ¿Cal é a diferenza entre unha rede e unha cadea trófica? Cita un exemplo de cada unha delas
1.3. ¿Podería existir un ecosistema sen o nivel trófico dos descompoñedores? Razoa a resposta.

2. A gráficaseguinte representa dous hidrogramas (A e B) obtidos no mesmo punto dunha canle e baixo un réxime
pluviométrico similar, o A uns anos antes que o B. En relación con ela, contesta as cuestións que se presentan.
Valoración: 3 puntos (1 punto/cuestión).

2.1. Comenta brevemente a resposta do río en
cada caso.
2.2. ¿Que actuacións se puideron desenvolver
sobre a cunca que expliquen o distinto...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Clasic
  • Clasicismo
  • Los clasicos
  • Clasicismo
  • Clasica
  • Clasicismo
  • la clasica
  • CLASICISMO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS