cuestións de lingua galega

Páginas: 9 (2198 palabras) Publicado: 15 de mayo de 2014
UNIDADE 6: Variación interna da lingua: variación social e situacional
CUESTIÓNS:
1. Resume as características da linguaxe empregada nos correos electrónicos ou nos chat que os achegan aos textos orais. Que pretendemos os usuarios co emprego destes recursos? Pon exemplos doutros recursos que se utilizan con estes mesmos fins, como abreviaturas tipo “xq”, ou onomatopeas.
2. Coñeces outros“emoticóns”? Facede unha listaxe
3. Analiza a túa propia fala na busca de anglicismos. Despois facede unha posta en común, clasificándoos en campos semánticos. Que campos semánticos predominan? A que cres que se debe? Consideras que se trata dun fenómenos prexudicial para as diferentes linguas?

1. A linguaxe empregada nos correos electrónicos ou nos chat ten semellanzas coa linguaxe oral posto quese caracteriza pola espontaneidade e a ausencia de planificación.
Cando escribimos nun chat ou cando redactamos un e-mail adoitamos a empregar interxeccións, frases feitas, acurtamentos, abreviaturas, onomatopeas, oracións breves, elipses e numerosas repeticións, tal e como facemos á hora de conversar.
Con estes recursos, os usuarios pretendemos crear un ambiente relaxado e distendido, informal ecoloquial propio da linguaxe oral nun rexistro entre amigos, por exemplo.
Ademais, incluímos abreviaturas ás que recurrimos habitualmente, por exemplo: xq (porque), pq, q (que), bks (bicos), grax (gracias), qtm (quérote moito), etc. Ou algunha outra traída doutras linguas, como: BFF (Best friend forever=mellor amiga para sempre), LoveU (Quérote), LOL (Lots of laughts= milleiros de risos) etc.2. Coñezo moitos emoticóns (sentimentos textuais) ademais dos salientados no texto, por exemplo:
;) guiño de ollo :S abrumado, desconcertado
:@ bico con lingua :p sacar a lingua XD Risa a gargalladas

3. Na nosa linguaxe diaria abondan os anglicismos. Hai un montón de anglicismos presentes no campo da informática, tecnoloxía e Internet, por exemplo:Software, hacker, hashtag, trending topic, follower, tablet, router, game over, player, etc.
Tamén hai moitos no campo semántico da moda e das tendencias:
Cool (moderno), trendy (de moda), fashion (moda ou moderno), blazer (chaqueta americana), jumpsuit (mono), outfit ou look (modelo, estilo, atuendo), trench (gabardina), shorts (pantalóns curtos), sneakers (zapatillas deportivas), slippers(zapatillas), gloss (brillo de beizos), eyeliner (delineador de ollos), etc.
No mundo da comida tamén se introduciron moitos anglicismos, vexamos algún:
Muffin ou cupcake (magdalena), brunch (comida de media mañá), smoothie ou milkshake(batido).
Na miña opinión, estes préstamos non prexudican a nosa lingua senón que lle dan un cariz divertido e enriquecedor, posto que ao tempo que os introducimosnon deixamos de aprender e descubrir novos vocablos noutros idiomas e iso é riqueza, ao fin. O importante na miña opinión é que, independentemente de se empregamos a palabra autóctona ou o anglicismo, saibamos sempre cal é a súa tradución e logo vai en cada quen utilizar a que máis lle guste.

UNIDADE 7: As linguas do mundo. A Europa multilingüe

Cuestións:
1. Estás de acordo coa opinión queexpresa a autora sobre a influencia da globalización no mantemento da diversidade lingüística? Por que? Podes atopar exemplos concretos da McDonalización extraídos da túa vida cotiá?
2. Cres que sería posible aproveitar os instrumentos e recursos que ofrece o actual mundo globalizado na dirección contraria, isto é, en lugar de provocar a homoxeneización, poñelos ao servizo da diversidade?Ocórreseche algunha idea neste sentido?
3. En que medida consideras que o dominio lingüístico pode outorgar poder? Que tipo de dominio lingüístico e que clase de poder? Intenta poñer exemplos concretos
4. Busca info en Internet sobre a nova disciplina da que se fala no texto, a Ecolingüística

1. Estou de acordo en certa medida con que a influencia da globalización pon en perigo a diversidade...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lingua Galega
  • Ortografía E Lingua Galega
  • a Lingua Galega No Franquismo
  • 55 Mentiras Sobre A Lingua Galega
  • PAU 2014 Lingua Galega
  • Evolución da lingua galega
  • Lingua galega sustantivo
  • GLOBAL LINGUA GALEGA APARTADO 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS