Descartes-Problema de metodo

Páginas: 6 (1275 palabras) Publicado: 13 de abril de 2013
O PROBLEMA DO MÉTODO
René Descartes
A ciencia que se produce durante o renacemento realizará unha crítica ás ideas herdadas do aristotelismo e dará orixe ás concepcións esenciais que determinaran as ideas filosóficas do barroco (empirismo e racionalismo). No renacemento empezan a abandonarse as ideas da escolástica e con elas deixa de darse tanta importancia á autoridade de Aristóteles. Aomesmo tempo, da man das traducións e edicións dos diálogos de Platón empezan a recuperarse a súa filosofía. Dentro do caos de teorías pretendidamente científicas do naturalismo renacentista empeza a perfilarse unha serie de enfoques en física e astronomía que darán lugar ao que denominamos “nova ciencia” e a un novo paradigma que podemos denominar mecanicista. A “revolución científica”, representadapor Copérnico, Galileo e Kepler terá un gran efecto nas ideas filosóficas de Bacon e Descartes, bases do empirismo e o racionalismo. A nova ciencia socavou os fundamentos e principios básicos da física de Aristóteles: finitude do universo, heteroxeneidade das sustancias terrestres e as celestes, uniformidade e circularidade do movemento dos corpos celestes, distinción entre movementos violentos enaturais, etc.... O resultado foi a destrución definitiva da imaxe aristotélica do universo e o nacemento de novas ideas en torno ao método usado pola ciencia para acadar os seus coñecementos. Algúns filósofos tentaron explicar os cambios metodolóxicos que estes descubrimentos supoñían. Foron fundamentais as ideas de Francis Bacon e René Descartes. O primeiro deles sería o antecedente do empirismonas illas británicas e o segundo iniciaría o racionalismo na Europa continental. Os brillantes resultados conseguidos por Galileo e os iniciadores da nova ciencia en física e astronomía leva a Descartes a formular un enfoque da realidade cuantitativo-mecanicista que prescinde das calidades e so estuda o cuantificable e medible (espazo e tempo). So o que é medible pode ser tratado matematicamente.A ciencia desenvolve as súas consecuencias por procesos dedutivos e estas deducións xa non se deben facer, segundo Descartes, usando a lóxica clásica (modelo dedutivo proposto por Aristóteles e a Escolástica), senón a matemática. Descartes pon o acento na capacidade descritiva e a potencia dedutiva das matemáticas, ciencia á que fixo importantes aportacións. Galileo e os astrónomos describían osmovementos usando sobre todo a xeometría de regra e compás. Descartes introduce a idea da representación de puntos en sistemas de coordenadas (coordenadas cartesianas), co que é posible describir rectas e curvas como funcións e operar alxebricamente con elas. Esta idea transformaría a linguaxe da física matemática. Descartes, baseándose no traballo dos científicos renacentistas, da unhaimportancia fundamental aos procesos racionais e dedutivos na construción do coñecemento científico, poñendo as bases do racionalismo. O empirismo ten un antecedente renacentista no filósofo inglés Francis Bacon. Bacon critica a Aristóteles porque non é sistemático nin rigoroso coa indución (cando toma datos tómaos a boleo, sen criterios, todo lle vale; ademais, só ten en conta os casos favorables). ParaBacon o home domina a natureza coñecendo as súas leis mediante o método indutivo. Para facer un bo uso diste método hai que ter coidado de como se fan as observacións. Todos os coñecementos veñen da observación, pola vía da indución, pero esta observación debe estar rigorosamente controlada. Esta idea, baseada na importancia dada á observación por científicos como Galileo, poñerá as bases dasteorías empiristas. A elaboración de hipóteses e modelos matemáticos, na nova ciencia, fanse depender sempre da observación. Galileo mellora as técnicas de observación e realiza deseños experimentais, os astrónomos usan cada vez táboas de posición dos planetas máis precisas... Seguindo o seu exemplo o empirismo poñerá o acento na importancia da observación e a experiencia como árbitros últimos das...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Problema Del Conocimiento Y El Método. Descartes
  • El problema del método en descartes
  • El metodo de descartes.
  • descartes y su método
  • El metodo de descartes
  • Métodos de Descartes
  • Método de Descartes
  • El Método De Descartes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS