Enviar Solicitud De Regalo
1. Clasificación Obra: templo de San Pedro in Montorio Autor: Donato Bramante (1444‐1514)
Cronoloxía: 1502 Estilo: arquitectura renacentista do Cinquecento Dimensións: 4,50 m. (diámetro da cúpula) Localización: Roma Comitentes: Reis Católicos 2. Contexto histórico‐artístico Coa palabra "Cinquecento" os historiadores da cultura veñen denominando o segundo ciclo do Renacemento, é dicir, o S. XVI. Hoxe en día non se admite que o período clasicista do Cinquecento dure o medio século que Vasari lle atribuíu, xa que a partir de M. Anxo desenvólvese un novo estilo, o "Manierismo", así pois, debemos ter en conta dous "estilos" nesta centuria: Clasicismo e Manierismo. O Clasicismo só comprendeu propiamente, polo menos na Italia central, unha vintena de anos, de 1500 a 1520, o da morte de Rafael, un dos seus principais definidores, que xa vira desaparecer a Bramante en 1514 e a Leonardo en 1519, outros dous alicerces do estilo. Etapa certamente breve, pero que contou con personalidades puxantes e xeniais que, xunto con Miguel Anxo, convertérona en momento estelar da Historia e a Arte universal. Sinalar que a principios do século XVI, o centro artístico e cultural desprázase de Florencia a Roma. Grazas á actividade e aos programas dos papas humanistas, Xullo II (1503‐1513) e León X (1513‐1521), iníciase un breve pero intenso bulir da actividade artística da antiga capital da Antigüidade e centro simbólico do cristianismo. Preténdese levar a cabo un ambicioso plan de restauración romano. Os intentos do Quattrocento para salvar as contradicións entre paganismo e cristianismo fúndense agora nun proxecto específico: facer do clasicismo a cultura oficial do papado. A linguaxe renacentista convértese no vehículo adecuado para ofrecer a imaxe de grandeza e serenidade da Igrexa, para alcanzar a "concordatio" entre Cristianismo e Antigüidade. Características do Clasicismo renacentista: partindo das diversas opcións de expresión plástica experimentadas no Quattrocento chégase, co pleno dominio dos medios de expresión, a un perfecto equilibrio entre forma e contido, harmonizando a antigüidade pagá co espírito relixioso cristián, o Humanismo co dogma oficial. O clasicismo dos dous primeiros decenios do XVI verifica a unión entre ciencia e arte que nesta época chega á súa culminación. O labor intelectual do artista convértese nunha condición imprescindible para poder realizar as súas obras, baseadas nun coñecemento científico da realidade. Sistematízanse as leis da percepción visual de forma máis coherente ca no século anterior. Leonardo descobre o papel fundamental da atmosfera que se interpón entre o obxecto e o ollo, que fai variar a intensidade con que a luz define os corpos e os contornos, engadindo á perspectiva científica do XV a chamada perspectiva aérea.
Ana Navas, 2010‐11 1
O Renacemento. Cinquecento O outro gran concepto básico que se regula é o de proporción, a través do cal opérase a sistematización racional da diversidade que ofrece a natureza. Tamén a proporción defínese cientificamente como relacións matemáticas entre as diferentes partes do corpo. Os canons establecidos convértense en medida e expresión da beleza ideal. Vinculado ao concepto de proporción se sistematiza o de simetría, que agora se converte en postulado incondicional para a concreción do belo, a articulación harmónica das partes co todo e constitúe a esencia que, en moi boa ...
Regístrate para leer el documento completo.