Escravitude

Páginas: 8 (1758 palabras) Publicado: 30 de junio de 2013
A ESCRAVITUDE

O tema que escollín para facer esta exposición oral é ''A Escravitude''. A motivación que me levou a coller este tema foi a película ''Amazing Grace'' que está baseada na figura de William Wilberforce, un dos pioneiros y principais precursores da abolición da escravitude no século XVIII e XIX. Á hora de tratar o tema, falarei do concepto de ''escravitude'', da escravitude aolongo da historia, a abolición (intentando centrarme en William e no que realizou), escravitude vixente hoxe en día e, se me da tempo, organizacións que loitan para erradicar a escravitude tanto a nivel nacional como internacional.
A Escravitude, ¿que é a escravitude?¿Que é para nós a escravitude?¿Como poderiamos definir a escravitude? Segundo o dicionario da Real Academia Galega a escravitude é ofeito de facer a alguén o seu escravo. ¿E que é un escravo? Un escravo é, e cito textualmente, ''persoa que non goza de liberdade cívica, que está baixo a dependencia total dun xefe ou dun Estado''. Se collemos esta acepción, (quitando o feito de quitarlle a liberdade a unha persoa), a escravitude non semella tan vil e crua como a maioría pensamos. O certo é que, esta acepción non inclúe os millónsde vidas que se perderon e seguen a perderse con esta infame práctica, os centos de torturas e dolor que tiveron que pasar cada unha de estas persoas que foron escravas por vontade de outras que creían ter dominio sobre ellas, milleiros de familias destrozadas e destinadas a traballos forzados para gañar algo que poder levar a boca.
A escravitude é unha práctica que se leva producindo case casedende que o home é home. Os primeiros trazos de escravitude atopámolos na Anigüidade, máis concretamente en Mesopotamia, de onde se atopron escritos nos que se fai referencia. Xa no Antigo Exipto, os exipcios capturaban escravos dos prisioneiros de guerra ou ben os compraban no estranxeiro. Non se sabe con exactitude se as pirámides foron realizadas con mans libres ou mas escravas, aínda que eupenso máis nesta segunda opción. Os escravos eran propiedade do faraón e este podía regalarllos ou vendelos aos seus sacerdotes e aos seus xenerais. A escravitude exipcia tamén está presente nas pasaxes bíblicas da Xénese e do Éxodo onde se nos conta a vida de Xosé, fillo de Jacob, que é vendido polos seus irmáns a un tratante de escravos exipcio e, co paso de tempo, como escravo e prisioneiro, vaimellorando a súa posición ata converterse na man dereita do faraón; e a historia de Moises, no Éxodo, de familia hebrea, coidado pola filla de faraón, que é o causante da marcha dos israelitas das mans e da escravitude dos exipcios para por fin seren libres. Tamén hai numerosos textos que falan de escravos que traballaba ata a morte nas minas de Cobre na península de Sinaí.
Na Antiga Grecia aescravitude estaba ben vista, era algo normal e natura e así a defendía os filósofos da época, con Aristóteles á cabeza. Era imprencidible para a realización dos traballos onde se precisaba a forza física como agricultura, construcción, artesanía. Era vital para poder deixar a ''democracia'' e a política en mans dos homes libres. Estímase que o 75% da poboación daquela época eran escravos. Habíavarias clases de escravos:
Escravos domésticos. Vivían na casa dos seus amos.
Escravos dependentes. No viven cos amos e traballan en granxas
Escravos públicos. Encargados do benestar da cidades: policías, barrendeiros.
Escravos de guerra. Traballos máis forzados como minería ou remeiros.
Os escravos tiñan algunha oportunidade de liberarse, aínda que fora moi costoso para os seus amos. Había leisque procuraban algo de protección para os escravos pero eran facilmente violadas.
Na Antiga Roma, a escravitude foi tamén un dos pilares económicos fundamentales para a súa supervivencia. Sobre un 20% da poboación era escrava. Había leis que permitían que un amo poidese matar ao seu escravo. Posteriormente crearonse leis que obrigaba aos escravos a combatir nun circo para divertimento da plebe....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS