Estructura Económica De Galicia

Páginas: 106 (26261 palabras) Publicado: 4 de octubre de 2011
Estructura económica de Galicia.

-------------------------------------------------
TEMA 1. A ANÁLISE ESTRUTURAL APLICADA A UNHA ECONOMÍA REXIONAL (ECONOMÍA GALEGA)

1- Análise estrutural
2- Teorías para analizar a economía galega
3- Peculiaridades das economías rexionais e implicacións para o seu estudio.

ANÁLISE ESTRUTURAL
O uso do termo “estrutura económica” non écasual senón que se debe á utilización por parte dun número importante de investigadores económicos do enfoque estrutural para a análise dunha economía. Ese enfoque estructural comezou a utilizarse en España a finais dos anos 40 do S.XX e dou lugar á creación dunha disciplina universitaria que se denomina “estrutura económica”.
No caso español os creadores desa disciplina foron José Luís Sampedroe Martínez Cortiña. En Galicia a primeira obra que utiliza a análise estrutural é o libro de Beiras “O atraso económico de Galicia” que se publica en 1973.
A estrutura económica é a disciplina que ofrece unha descripción científica da realidade económica. Como enfoque científico, busca a comprensión da realidade económica para o que ofrece a súa propia alternativa. Dende esta perspectiva,pártese de que a realidade está formada por estruturas, pero, ¿qué é unha estrutura?
Según Jose Luís Sampedro pódese definir a “estrutura” como o conxunto de elementos e relacións entre eses elementos que caracterizan cun certo grao de permanencia no tempo unha realidade económica. Nesta definición vemos tres elementos caracterizadores dunha estrutura:
-Totalidade
-Interdependencia-Permanencia
1. Totalidade: porque a comprensión da realidade debe facerse dende unha perspectiva global e non parcial. A perspectiva parcial é a que se utiliza nos modelos da teoría económica que deixan de lado elementos importantes da realidade. Dende a perspectiva estrutural, o obxecto central de estudio é a totalidade do sistema, o funcionamento da sociedade no seu conxunto, tendo en conta asinterrelacións entre os elementos. A estrutura non é só un conxunto de elementos, unha simple suma ou agregación deses elementos, senón que supón unha determinada ordenación, posición deses elementos no conxunto. O todo, a estrutura como conxunto é algo máis que a suma das partes. Constitúe un conxunto con propiedades propias, é rexido polas súas propias leis de funcionamento.
2. Interdependencia:a realidade non está formada por elementos illados, senón que existe relación entre os elementos que conforman a estrutura. As relacións entre os elementos tamén forman parte da estrutura.
3. Permanencia: os elementos e as relacións que constitúen a estrutura teñen un importante grao de estabilidade no tempo. Unha estrutura ten dentro de sí os elementos que necesita para funcionar e parasobrevivir, pero iso non significa que a estrutura sexa algo completamente estático. A estrutura está sometida a procesos de cambio seguindo a evolución ou a dinámica económica. Mesmo se poden orixinar contradiccións, tensións, crises entre os elementos da estrutura que leven á súa modificación. A análise estrutural céntrase en estudiar os procesos de cambio, os procesos dinámicos, a transformaciónestrutural.

TEORÍAS PARA ANALIZAR A ECONOMÍA GALEGA
Neste apartado imos comentar algunhas das perspectivas económicas que se utilizan habitualmente para a análise da economía galega contemporánea. Imos falar de tres teorías:
* teorías do desenvolvemento rexional desigual
* escola de regulación
* perspectiva do desenvolvmento endóxeno.
* Teorías dodesenvolvemento rexional desigual
Comeza a falarse destas teorías do desenvolvemento rexional desigual a partir dos anos 50 e 60 do S.XX con autores como Amin, Myrdal e Hirschman. Estas teorías non constitúen unha teoría unificada senón que se trata de aportacións diversas que teñen un denominador común. Ese denominador común é que o desenvolvemento é desigual. O desenvolvemento económico non se da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • auge economico nueva galicia
  • Estructura Economica
  • Estructura economica
  • Estructura economica
  • Estructura economica
  • Estructuras Economicas
  • Estructura Economica
  • Estructura Economica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS