estudio acústico salón de actos

Páginas: 5 (1069 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2013
GIL MARTINEZ, DAVID . Tarea PPS02.

15/11/2013

Páxina1

ESTUDIO ACÚSTICO DE SALÓN DE ACTOS
Uso e aplicacións da sala.
Salón de actos con instalación de reforzo sonoro. Uso polivalente con prioridade de
charlas e proxección de conferencias con música e video e actuacións de teatro con reforzo
sonoro.
Necesidades.
Conseguir unhas condicións de illamento acústico adecuadas, tantoatendendo á
normativa vixente como reducindo ó maximo o nivel de ruído procedente do exterior ou da
propia instalación para conseguir unha curva de ruido adecuada ó nivel de esixencia
máximo da sala (15-25 NC).
Centrarémonos tamén en controlar as primeiras reflexións, de acordo ó criterio
estándar C50 de claridade de voz, combinando materiais absorbentes con resonadores.
Asimesmo, teremos moi enconta o tempo de reverberación da sala, tentando adecualo as
esixencias propias dunha sala de conferencias, que require tempos de reverberación baixos
(0,4 - 1 s ) .
Usaremos unha instalación de reforzo sonoro versatil, capaz de conseguir altos niveis
de presión sonora nos momentos en que sexa usada como sala de teatro (90 dB SPL), e
unha boa distribución do son en todos os puntos da sala e entódalas frecuencias.
Centrarémonos en evitar a aparición de ondas estacionarias a baixas frecuencias debido á
forma rectangular do espazo a cubrir. Para iso poderemos usar resonadores para baixas e
medias frecuencias. Na colocación dos altavoces evitaremos posicións con risco de
retroalimentación, que pode ser grande no caso de teatro, ou no caso da intervención do
público en conferencias,polo que deberan estar correctamente colocados.
Conseguiremos a máxima intelixibilidade da palabra posible centrándose no estudio
da sonoridade (nas frecuencias de 500Hz, 1000Hz e 2000Hz) da sala, o control do tempo de
reverberación, e na ausencia de ecos e focalizacións de son. Para medir a intelixibilidade da
palabra usaremos %Alcons ou RASTI.
E por último e non menos importante, adecuaremosas medidas correctoras de
acordo o presuposto que se estableza.
Descripción do espazo.
Sala de planta rectangular, de uns 20 metros de largo por 18 metros de ancho, con
un desnivel de uns 70 centímetros e unha altura máxima de 6 metros na zona próxima ó
escenario. O seu volume aproximado é de 1900 m3 e a súa capacidade de 250 localidades.
Obxetivos acústicos.
•RT(sala ocupada): entre 0,4 e1 s
•% Alcons(sala ocupada): < 5 s
•C50 (sala ocupada): > 2 dB
•NC : 28-38 dBA
•Ausencia de ecos e focalizacións de son

GIL MARTINEZ, DAVID . Tarea PPS02.
15/11/2013 Páxina2
Materiais usados como acabados da sala:
•Teito: Cartón-xeso
•Paredes laterais ( ata unha altura media de 2 metros): pedra
•Paredes laterais ( a partires dunha altura media de 2 metros): madeira aglomerada
•Zonacentral do escenario e zona posterior de acceso: pedra
•Sillas: porcentaxe medio de superficie tapizada
•Piso: non dispoñible
Métodos de medición:
Medicion in situ. Sería un método idóneo. Precisaremos un ordenador portatil, un
analizador acústico, unha caixa acústica autoamplificada e un micro omnidireccional de
resposta plana. O micro colocarémolo a 1,20 metros do chan, que corresponde áaltura
media de audición dunha persoa sentada. Con este equipo poderíamos medir RT, NC, C50,
RASTI entre outros.
Simulación. Adicionalmente, despois da medición poderíase realizar unha
simulación acústica da sala mediante un programa informático axeitado, de maneira que
poderíamos ir aplicando as correccións necesarias. Ademais podemos simular a resposta do
equipo de reforzo sonoro medianteprogramas informaticos alguns fabricantes como o
MAPP de Meyer, ou outros como o Focus que son compatibles con diversas marcas.
Medición mediante cálculos manuais. Como exemplo poderíamos calcular o RT para
esta sala cos datos que nos dan e a fórmula de Sabine. Para simplificar os cálculos usaremos
os coeficientes de absorción dos materiais na frecuencia de octava de 2kHz, por ser a que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • la acustica en el salon de musica BING
  • ¿Por qué no hablan los estudiantes en el salón?
  • estudio de grabación (acústica)
  • Estudio dimensionado acustico
  • Acustica En El Salon De Clase
  • Estudio de caso de los comerciantes y actos mercantiles
  • Estudio acústico
  • Estudio De Mercado De Un Salon De Belleza

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS