Examen Selectividad "Relaciones Iglesia-Estado (S.Xix-Xx)"

Páginas: 11 (2571 palabras) Publicado: 21 de noviembre de 2012
Os seguintes documentos fan un percorrido pola relación entre a Igrexa e o Estado dende a implantación do liberalismo até o comezo do réxime franquista. A evolución desta relación, en constante cambio ao longo destes anos, marcará o comportamento da sociedade española e así mesmo influirá activamente nos acontecementos políticos.

O sistema do Antigo Réxime, que encadraba á sociedade nunsistema estamental tremendamente ríxido (grupos privilexiados e non privilexiados), estaba marcado ademáis por unha enorme influencia do catolicismo. Esta impronta marcaba todo tipo de comportamentos, tanto públicos coma privados, e tiña un enorme peso na toma de decisións políticas. O mesmo poder do monarca estaba baseado na suposta orixe divina (rei pola graza de Deus) e neste sentido, as relaciónsentre Estado e Igrexa eran máis que estreitas. A institución eclesiástica, así como todos os seus membros (ainda que con diferencias de renta entre eles) pertence neste sistema estamental ao grupo privilexiado, o cal fai que teña unha serie de beneficios nos aspectos social e económico que aumentan e aseguran o seu poder. Ademáis da súa enorme influencia na sociedade da época, a Igrexa posúe unhaserie de privilexios económicos tremendamente conslidados ao longo dos séculos: está privada de pagar impostos ao Estado e ademáis posúe unha inmensa cantidade de terras (moitas delas non traballadas) adquiridas mediante compras ou donacións. Estas terras non se podían vender nin enaxenar, polo cal pertencían á Igrexa a perpetuidade, o que supón unha tremenda acumulación de propiedades. Acaracterística rixidez deste tipo de propiedade fai que reciba o nome de “mans mortas”. Así mesmo, a Igrexa beneficiouse durante este período doutros “dereitos” adquiridos, como o cobro do dezmo ou a autoridade que lle outorgaba o exercicio do señorio eclesiástico. Durante o último período do Antigo Réxime, a pesares de que existe unha corrente de pensamento amparada na Ilustración que cuestiona os enormesprivilexios da Igrexa (sen desafiar ao catolicismo, iso si), o certo é que hai en España unha enorme cantidade de ordes relixiosas (mosteiros, conventos) e de persoas pertencentes ao estamento eclesiástico. A acumulación de terras, o seu desaproveitamento e o feito de que o Estado non pode sacar ningún tipo de rendemento destas propiadades, están directamente relacionados co feroz estancamento daagricultura en España. A diferencia doutros países europeos que xa experimentaran reformas agrarias que impulsaron a producción, na España de comezos do século XIX case non existían campesiños donos de pequenas propiedades. Case todos estaban sometidos a un sistema de arrendamento, cando non directamente de vasalaxe nun señorío (nobre ou eclesiástico). Os grandes propietarios que acumulaban asterras (grupos privilexiados) non estaban especialmente interesados en aumentar a productividade das mesmas, se non en vivir das súas rendas e perpetuar o seu poder persoal. Os campesiños, excluídos da propiedade da terra que traballaban, practicaban unha agricultura de subsistencia, quedando ademáis afogados a rendas e impostos, o cal facía que na maior parte dos casos estiveran atrapados nunhaespiral de miseria.
Xa na última etapa do Antigo Réxime a monarquía vai ser consciente, a través da influencia dos pensadores ilustrados, do problema económico que supón a acumulación de “mans mortas”. Esta toma de conciencia é a que pon en marcha a primeira desmortización impulsada por Godoy durante o reinado de Carlos IV.
Pero é a burguesía, grupo social que terá cada vez unha maior influencia eque impulsará a implantación do liberalismo, quen vai ser a primeira en se decatar realmente de que a superación do atraso económico de España pasa por unha reforma agraria integral que remate coa proliferación das “mans mortas” e que poña en circulación de mercado aquelas terras que están desproveitadas. É así como cando por vez primeira teñen a oportunidade de exercer o poder lexislativo, nas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Examen de selectividad
  • examen selectividad
  • Examen Selectividad
  • Examen De Selectividad
  • Examen de selectividad
  • examen de selectivo
  • Examen De Selectividad
  • relaciones selectivas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS