Fascismos

Páginas: 9 (2148 palabras) Publicado: 16 de mayo de 2015
A CRISE DAS DEMOCRACIAS LIBERAIS

Aparentemente o final da 1ª Guerra Mundial, o Tratado de Versalles e os 14 puntos de Wilson significaban o triunfo universal dos principios democráticos. Sen embargo a deficiente infraestructura económica non conseguiu ser mellorada polos novos réximes. A desmobilización dos exércitos, a reconversión das industrias de guerra, a débeda xeral causada porela, a perda dos mercados exteriores e a lenta reestructuración do comercio foron causas dunha ampla crise económica, do desemprego e de moitos problemas sociais. O único modo de abordar todas estas cuestións era reformar as estructuras socioeconómicas dos Estados, pero as clases dirixentes, temerosas de abrir a porta á sovietización, foron contrarias ós cambios.
Naqueles Estados onde nonexistía unha tradición democrática xorden gobernos fortes que durante os anos 20 e 30 se presentaron como salvadores da dignidade e seguridade de Europa.
Non tódalas dictaduras foron do mesmo tipo; a maioría respondeu a gobernos de forza, semellantes ós coñecidos durante o século XIX. Pero neste período asistiuse ó nacemento de tres réximes que son modelo do totalitarismo: o fascismo enItalia, o nazismo alemán e o sistema comunista implantado por Stalin na URSS.
En todos eles, o partido único tomou o goberno do Estado, utilizou o seu poder para impoñerlles ós cidadáns canons de conducta e pensamento e perseguiu cruelmente toda a oposición. A liberdade, a razón e o dereito do individuo, conceptos básicos da cultura contemporánea occidental, foron suplantados polapreeminencia da nación, da raza ou da clase. Pero a voz destas non se manifestaba mediante o voto da maioría dos seus compoñentes, senón que toda a representación se lle outorgaba ó líder.

Dictaduras de entreguerras
España
Primo de Rivera
1923
Portugal
Gomes da Costa
1926
Polonia
Pilsudski
1926
Grecia
Venizelos
1928
Iugoslavia
Alexandre I
1929
Hungría
Gömbös
1932
Austria
Dollfuss1933
Romanía
Carol II
1933
Bulgaria
Boris III
1934

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO FASCISMO

En sentido amplo, os fascismos designan ós movementos de ideoloxía ultranacionalista, antiliberal, antidemocrático e antisocialista, que fundaron ou pretenderon fundar durante o período de entreguerras (1918-1939) réximes estatais totalitarios.
Unha ideoloxía que valora máis a acción, osfeitos que os seus contidos doutrinais resulta difícil de definir. Sen embargo, para o conxunto dos fascismos pódense destacar as seguintes características xerais:
- Parten dun ultranacionalismo supervalorador de todo o nacional (idea de “pobo elixido”) que lles conduce ó concepto de raza superior (racismo) e a un odio ó estranxeiro (xenofobia).
- Estado totalitario: apoiase na dictadura do partidoúnico cun control absoluto do aparato do Estado e dos medios de comunicación sociais. Nin a separación de poderes, nin os partidos políticos, nin o recoñecemento dos dereitos humanos, teñen cabida neste Estado ante o que os individuos e os grupos deben subordinarse. O Estado totalitario convértese por outra parte na base dunha nova organización económica e social (Estado corporativo) que superatanto ó capitalismo como ó socialismo porque elimina a loita de clases.
- Función das elites: a desigualdade social e humana que consagra o fascismo, impón que só unha minoría goberne o Estado. Ebenstein reflicte con claridade a dialéctica superiores-inferiores: “no código fascista, os homes son superiores ás mulleres, os soldados ós civís, os membros do partido ós que non o son, a propia nación ásdemais, os fortes ós débiles, e os vencedores ós vencidos”.
- Exaltación do líder:ou superhome designado por Deus ou polo destino cunha autoridade que ninguén discute, e ó que é preciso obedecer cegamente. O líder confúndese co Estado, convértese en pai do pobo ó que guía.
- Militarismo imperialista: o culto á violencia, ó irracional, leva ós fascismos a preparar e organizar todo un país para a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El fascismo
  • El Fascismo
  • FASCISMO
  • El fascismo
  • Fascismo
  • fascismo
  • EL FASCISMO
  • El Fascismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS