A Guerra Fria e o mundobipolar

Páginas: 21 (5188 palabras) Publicado: 16 de mayo de 2015
A Guerra Fría e o mundo bipolar.
Só o desexo común de derrotar a Hitler mantivera unidos aos aliados, tras a caída de Berlín empezan a
aparecer as primeiras gretas na coalición vencedora. Entre 1946 e 1947 a desconfianza mutua entre
americanos e soviéticos vai desembocar nunha aberta hostilidade que durará até 1990 e que se coñece como
Guerra Fría, sinónimo dun mundo de tensións que non chegan aestalar directamente entre os dous grandes,
senón a través de terceiros países. Inmediatamente EE.UU. e a URSS buscaron ampliar as súas zonas de
influencia, disputándose o control de países para que non caesen no bando contrario. O ataque do outro podía
vir en calquera momento, isto xera unha escalada bélica sen precedentes en tempo de paz, e un crecemento
espectacular do arsenal nuclear coñecidocomo equilibrio do terror.
A guerra pasa por varias etapas onde se alternan momentos de tensión con outros de distensión. Foron crises
graves: o bloqueo de Berlín de 1948, a guerra de Corea de 1950 a 1953, a crise dos mísiles de Cuba de 1962,
en calquera deles o enfrontamento directo entre os dous superpoderes foi posible. A etapa acabou uns corenta
anos despois polo afundimento interno da UniónSoviética.

I. A ORIXE E CARACTERES DA GUERRA FRÍA.
1. Dous mundos antagónicos.
A orixe desta situación remóntase á desconfianza mutua que xurdiu entre EE.UU. e a URSS inmediatamente
despois da vitoria sobre o seu inimigo común, o nazismo, única circunstancia que os uniu. Ambos países
entraran na guerra debido ás agresións respectivas de xaponeses e alemáns abandonando a política
illacionista doperíodo de entreguerras. Unha vez lograda a vitoria, comezaron as discrepancias, xa que cultural
e ideoloxicamente ambos países tiñan pouco en común. A desconfianza apoiouse ademais en feitos como o
monopolio atómico de EE UU e as presións soviéticas sobre os gobernos dos países de Europa do leste, nos
que se implantaron réximes comunistas sen consultar ás súas poboacións. A esta desconfianza haique
engadir a rivalidade ideolóxica, expresada a través da propaganda, á que recorreron ambos os bandos. Nela,
Estados Unidos era representado como o máximo expoñente do imperialismo e da explotación dos máis
desfavorecidos, e a Unión Soviética como símbolo da revolución, do ateísmo e da tiranía.
O anticomunismo estaba moi estendido en amplos sectores políticos e sociais europeos e estadounidensesdesde 1917 e a URSS fora rexeitada pola diplomacia occidental desde a súa creación. Despois da guerra, a
corrente anticomunista intensificouse e foi difundida polos medios políticos e xornalísticos occidentais. En
Occidente, e especialmente en EE UU, os movementos intelectuais e artistas de ideoloxía esquerdista foron
perseguidos durante os anos corenta e cincuenta. Esta reacción anticomunista, ou“caza de bruxas”(
McCarthy) chegou nalgúns casos a incitar aos cidadáns a delatar aos seus veciños ou a compañeiros de
traballo por “comunistas” ou “traidores” ao país. Pola súa banda, nos países comunistas a censura era total,
non existía liberdade de expresión e os disidentes co sistema eran enviados a campos de concentración
(gulag) ou desterrados.
2. Características da Guerra Fría: contención,disuasión e carreira nuclear (equilibrio do terror).
A guerra fría iniciouse inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial, entre 1946 e 1948, e finalizou en
1991, coa disolución da URSS e do bloque económico e militar soviético. Neste longo período houbo
momentos nos que a tensión foi evidente, a guerra parecía inminente e a situación internacional era moi
inestable, como entre 1948 e 1962 eentre 1975 e 1985. Tamén houbo períodos de distensión, nos que non
parecía existir perigo de guerra e a situación entre os dous bloques era o bastante estable como para falar de
«coexistencia pacífica», por exemplo, entre 1962 e 1975 e a partir de 1985.
Un trazo importante da guerra fría foi o medo colectivo a unha guerra nuclear, que suporía a destrución total
da civilización. O período de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Guerra fria
  • La guerra fria
  • La guerra fria
  • Guerra fría
  • La guerra fría
  • Guerra fria
  • La Guerra Fria
  • La Guerra Fria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS