Formacion polis griega

Páginas: 6 (1372 palabras) Publicado: 16 de enero de 2011
A formación da polis grega
Significado da palabra “polis” Durante a época arcaica (séculos –VIII a –VI) a Hélade era fundamentalmente un mosaico de pequenas comunidades políticas ailladas físicamente unas doutras polo mar e as montañas. O típico era que unha comunidade ocupase un val. Estas comunidades políticas eran completamente independentes. Chamábanse poleis (plural de polis). A palabra“polis” soe traducirse por “cidade”. Quizais fose mellor traducila por “comarca” ou “cantón”, pois normalmente unha polis abarcaba máis que unha cidade, incluía unha maior ou menor extensión de campos e montes. De feito, a maioría da poboación da maioría das poleis vivía no campo e adicábase á agricultura. A clase dominante nas poleis estaba constituida polos terratenentes hereditarios (Jesús MosterínHistoria de la filosofía. 1. El pensamiento arcaico. Alianza Editorial, 1985). As causas da formación da polis Wilhelm Nestle sitúa entre a metade do século –VII e a metade do –VI a formación da polis grega. Nesta época vivíronse grandes transformacións. Cara fora, os “helenos” expándense, a consecuencia dun gran aumento da poboación e tamén de convulsións políticas internas, por numerosascolonias fundadas na costa do mar Negro, Exipto e norte de África, especialmente Sicilia e o sur de Italia, e ata a costa meridional de Francia (Marsella) e a do nordeste español (Ampurias). No interior dos pobos gregos prodúxose, no medio de terribles loitas, a caída da monarquía e da aristocracia, proceso que levou a formación da polis. En boa medida, a formación da polis debeuse ao acceso da“burguesía” ao poder, un acceso que se víu impulsado pola progresiva transformación da economía natural de troco en economía dineraria, da propiedade territorial en capital móbil, e polo intenso desenvolvemento do comercio marítimo cos demais pobos das costas mediterráneas. As poleis eran moi distintas unas das outras, tanto pola súa extensión como pola súa poboación e a súa estructura política e social.Unhas –como Esparta- eran bastante grandes, do tamaño dunha provincia española. Outras eran minúsculas e se repartían unha pequena illa entre varias. Atenas chegaría a ter 250.000 habitantes, mentres que outras poleis non acadaron nunca os 5.000. Pero todas, grandes e pequenas, eran completamente soberanas. Os gregos dunha polis sentíanse solidarios, dependían totalmente dela e non tiñan outrainstancia superior á que acudir. Os estranxeiros non tiñan dereitos nin autoridade. E os cidadáns dunha polis non vacilaban en facer ou esclavizar se podían aos da polis veciña Unha cultura común A pesar das diferencias mencionadas entre as numerosas polis que conformaban a Hélade (unhas 1.500 comunidades desparramadas por todo o Mediterráneo e o mar Negro), todas elas compartían unha mesma cultura,falaban dialectos dunha mesma lingua, escoitaban con gusto os mesmos poemas homéricos e honraban aos mesmos deuses olímpicos. As súas principais institucións comúns eran os xogos olímpicos, celebrados cada catro anos en honor a Zeus e nos que participaban atletas, poetas, charlatáns e curiosos de toda a Hélade, e o oráculo do deus Apolo en Delfos, cuxo consello era buscado por todos os gregos antes deemprender calquera empresa importante. A importancia da lei no contexto socio-político da polis

Como xa se dixo máis arriba, durante a época arcaica a maioría das poleis gregas estaban gobernadas pola aristocracia terratenente. Estes terratenentes consideraban natural que fosen eles os únicos que podían intervir no goberno da polis, pois eles eran os máis capaces e virtuosos. Estas calidadestransmitíanse na súa linaxe. O seu goberno era unha aristocracia (literalmente, goberno dos mellores). O crecemento demográfico e o desenvolvemento do comercio deu lugar a grandes tensións e conflictos sociais que eran dirimidos mediante arbitraxe polos mesmos aristócratas, que con frecuencia emitían sentencias inxustas no seu propio proveito. Na administración de xustiza, os aristócratas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Polis Griega
  • Polis griegas
  • Polis Griega
  • LAS POLIS GRIEGAS
  • las polis griegas
  • Polis griega
  • Las polis griegas
  • La Polis Griega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS