galicia

Páginas: 7 (1718 palabras) Publicado: 18 de enero de 2014
1) Contribución dos colexios fundados polo emigrantes galegos ao
desenvolvemento cultural de Galicia.
Os galegos formaron parte da gran vaga migratoria transoceánica que levou a milleiros de
europeos a emigrar cara América entre 1870 e 1922. Estímase en 370000 o saldo
migratorio neto de Galicia entre 1860 e 1900. O que significa que emigrou nada menos
que un de cada cinco habitantes. Todo unsíntoma da gravidade da situación
socioeconómica do país.
Algúns retornaron enriquecidos son os chamados indiano que como veremos promoveron
nalgúns casos reformas educativas, culturais e social no seu lugar de orixe.
As causas desta emigración atendendo o escrito por Xosé Manuel Nuñez Seixas no seu
artigo “A emigración galega no mundo” edición xerais 2001, foron fundamentalmenteeconómicas:
1º A existencia dun malestar económico con base na insuficiencia do sector secundario e
terciario galego
2º Tradición migratoria en varias rexións de Galicia dende a Idade Moderna.
3º Mellora nas condicións do trasporte e o abaratamento dos prezos das pasaxes
transatlánticas.
4º Desexo de fuxir dun servizo militar clasista e discriminatorio, sobre todo no tempo da
guerra de África.
5ºAventura cunha posibilidade de refuxio modesto pero seguro en caso de fracaso, a
volta á aldea.
Indiano foi a denominación coloquial do emigrante a América que retornaba rico. A
emigración galega a América foi, con diferenza, a máis numerosa de todos os territorios. A
búsqueda dun futuro mellor, motivou a maioría das partidas, aínda que non sempre o
efecto foi o desexado. Moitos botaron raíces,outros quedáronse no camiño rodeados de
miseria e outros retornaron tras prosperar. Fixérono con novas ideas e novas visións non
só da economía e política, se non tamén na escola e na arquitectura.
Como di Xosé Manuel Nuñez Seixas no libro “ Emigrante, caciques e indianos “ Edición
Xerais. É posible afirmar que , de xeito xeral, algúns dos emigrados concibiron un
proxecto pedagóxico anovadorcomo un deseño alternativo. Unha escola rural que
capacitase ós individuos para dedicarse á agricultura e a gandería, educación orientada
cara ó futuro. Na prensa galega en galaico-americana abundaban os chamamentos ós
galegos de América para que tivesen bo coidado en escoller mestres que coñecesen as
últimas orientacións da pedagoxía moderna, base do progreso social. Algunhas escolasentregábanse ó Estado despois de construídas, mentres outras contaban con escolantes
pago polas sociedades americanas, quen recibían unha remuneración polo xeral maior
cós das escolas estatais.
Un exemplo desta nova pedagoxía promovida por algúns dos emigrantes retornados con
ideas progresistas foi a escola Americana do val Miñor
En 1905 fundábase en Bos Aires a Asociación “Unión Hispano-America proValle Miñor”
grupo de emigrantes procedentes do Val Miñor, coa finalidade de crear unha Escola

Práctica de Artes e Oficios,na primavera de 1909 abría as súas portas, dirixido por Eladio
Ferreiro Otero.
Ponse en marcha un plano metódico de organización da ensinanza, na que se impartían
materias de instrución primaria, ensinanzas comerciais, de física e química con aplicación
á industria eá agricultura, etc.
O centro realiza unha continua adquisición material pedagóxico e científico.
2)Importancia dos centros documentais para o estudo da realidade de Galicia.
Algúns exemplos de centros documentais para o estudo da realidade de Galicia son: a
Fundación Penzol, o Museo Pedagóxico de Galicia e o Museo Etnográfico Liste de Vigo.
A Fundación Penzol foi creada en Vigo por FranciscoFernández del Riego, Ramón
Piñeiro e outro galeguistas ilustres no ano 1963 co fin de presercar o legado de Fermín
Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), centro de estudos e documentación acerca da
Lingua e a Literatura galega. A creación da Fundación Pezol hai que entendela no
contexto do primero florecemento o galeguismo cultural que te o seu momento culme na
fundación da editorial...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Galicia
  • GALICIA
  • Galicia
  • Galicia
  • Galicia
  • galicia
  • Galicia
  • galicia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS