GOYA

Páginas: 15 (3647 palabras) Publicado: 9 de enero de 2014
INTRODUCCIÓN
O panorama pictórico do século XVIII en España cérrase coa obra dun pintor fora de serie que ten o punto de partida na pintura neoclásica e que ao longo da súa obra anticipa as correntes máis ricas e vitais do século XIX: Francisco de Goya.

BIOGRAFIA
Francisco de Goya y Lucientes (1746-1828)
Nace una pequena localidade aragonesa de Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746O seu pai era pintor e dorador de retablos e a súa nai descendía dunha familia da pequena nobleza de Aragón.
Asistiu ás Escolas Pías de Zaragoza e comezou a súa formación artística aos 14 anos.
Entrou como aprendiz no taller de José Luzán.
En 1763 o xoven artista viaxou a Madrid coa esperanza de gañar unha beca da Academia de Belas Artes, axuda que non conseguiría nin nesta ocasión nin en1766, ano no que o intentou de novo.
A finais do 1769 parte cara Italia para seguir formándose.
De 1774 son as pinturas ó óleo sobre muro da igrexa da Cartuja de Aula Dei, preto de Zaragoza.
Comezou a facer gravados a partir da obra de Velázquez.
En enero de 1775, Goya instalouse definitivamente en Madrid.
Comezou a traballar para a Real Fábrica de tapices de Santa Bárbara
En1789, foi nomeadopintor de cámara por Carlos IV.
No inverno de 1792, durante unha visita ó sur de España, Goya tivo unha enfermidade que o deixou totalmente xordo e marcou un punto de inflexión na súa expresión artística.
En 1824, tralo fn das esperanzas progresistas, decidiu instalarse en Francia.
En Burdeos traballou a técnica da litografía.
Realizou unha serie de escenas taurinas, de corte expresionistas,consideradas entre as mellores do seu xénero.
Aínda que realizaou unha breve visita a Madrid en 1826, finou dous anos máis tarde en Burdeos, na noite do 15 ó 16 de abril de 1828.
Non deixou herdeiros artísticos inmediatos.
A Ilustración, o impacto da Revolución Francesa (1789-1799), as guerras con Francia e a invasión napoleónica, a Guerra de Independencia (1808-1814) e a restauración no tronodo rey Fernando VII, a súa adhesión ás tesis liberáis e o exilio final en Burdeos co que coroa a súa traxectoria vital, xalonan a súa intensa vida.
Goya como persona destaca polo seu talante liberal e patriota, o seu amor ó pobo e un certo desprecio crítico cara a aristocracia e a Coroa.
A crítica social supón para el unha reflexión e punto de partida para construir unha sociedade mellor, máisxusta e racional.

A SÚA OBRA
A súa vida é coma un xogo de luces cambiante, como foi a súa época, complicada e contraditoria. A súa obra é apreciada non só polas súas cualidades técnicas e estéticas, senon tamén porque constitúe unha testemuña inapreciable para o coñecemento da época que lle tocou vivir.
Os seus mestres son Velázquez, Rembrandt e a mesma natureza; destaca especialmente noestudo psicolóxico da persoa e das masas.
Algúns elementos que se poden ter en conta para apreciar e entender a súa obra pertencen ó marco artístico, o neoclasicismo, no que se desenrolan as súas primeiras obras, añadíndolle espontaneidade, imaxinación, audacia…; a partir de ahí irá evolucionando cara unha pintura expresionista unhas veces, surrealista outras, que o alonxan dos convencionalismos dasúa época.
Foi un pintor de formación lenta, obsérvanse deficiencias nas súas primeiras obras e logra os seus mellores cuadros xa na madurez da súa vida.
A súa evolución artística non é lineal nin se encaixa en ningún estilo pictórico, polo que non podemos catalogalo dentro dun esquema convencional. Puido pintar ao gusto rococó ou neoclásico e á vez ser un claro precursor das vanguardiascontemporáneas.
É un pintor cheo de contrastes: amable e horrible ao mesmo tempo, realista e febrilmente imaxinativo.
A súa técnica:
Abarca moitos campos: óleo, pintura mural, frescos, gravados, debuxos, etc
Dalle máis importancia á cor que ao debuxo (nos seus óleos e frescos) que aplica en pinceladas soltas.
Evoluciona dende unha pincelada minuciosa e coidade á decidida e solta.
Na súa primeira...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • goya
  • goya
  • Goya
  • goya
  • Goya
  • goya
  • Goya
  • goya

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS