HISTORIA DA ESCRITURA EXIPCIA

Páginas: 5 (1217 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2014
A ESCRITURA EN EXIPTO:
Durante os tres mil anos de historia documentada de Exipto observamos unha historia que se move dentro dunha linealidade, con poucas modificacións tanto a nivel social, económico, relixioso e político. Exipto ó longo da súa vida gozou sempre de grande prosperidade e seguridade outorgada polo seu gran tesouro, o río Nilo pero tamén polas fronteiras, xa que erandesertos impenetrables; debemos engadir que no sur contaba cunhas cataratas e no norte un delta pantanoso facendo casi imposible o ataque. O río Nilo era facilmente navegable e durante as inundacións a caudal aumentaba aumentando con el a navegación. Cando a inundación, de carácter anual, remataba a terra quedaba fertilizada e volvíase a traballar con grandes resultados.
En canto o que se refire aescritura podemos dicir que dende os comezos foi un sistema moi complexo e moi sofisticado, cunha mezcla de ideografía e escritura fonética e con elementos dunha escritura consoantica moi ben pensada. A aparición repentina dun sistema tan complexo fai pensar a moitos especialistas que os exipcios tomaron como modelo a escritura sumeria de Mesopotamia aínda que non se conta con probas disto. Debidoa complexidade dos xeroglíficos a feito de saber ler e escribir estaba limitada a unha parte da poboación moi pequena (sacerdotes, oficiais do exército, funcionarios, faraons e escribas). Para os exipcios a escritura non era só un mero medio de comunicación senon que tiña un contido relixioso e máxico. Un claro exemplo desde ideal é que moitos cartuchos dos reis eran destrozados ou borrados dosmonumentos polos faraons de ideoloxía contraria para que perdesen ese contido máxico.
FASES DA ESCRITURA:
A escritura exipcia conta con varias fases debido a que sufriu un desenrolo ó longo dos tres mil anos de historia cos que conta este pobo. Estes cambios moitas veces disgregábanse posto que a linguaxe oral diferenciábase da escrita nalgunhas das fases seguindo unha evolucióndiferente. Falamos de seis etapas diferenciadas:
- Arcaico: períodos Protodinástico e Tinita (3200-2686 a.C.)
-Antigo: pertencente o Imperio antigo (2686-2040 a.C.)
-Medio: correponde coa linguaxe escrita do I Período Intermedioe o Imperio Medio. considerado como período clásico e mantívose en literatura, textos relixiosos e inscripcións monumentais ata a chegada dos gregos (2173-1786 a.C.)
-Novo:prodúcese unha evolución da linguaxe falda pola contra a escritura segue sendo a clásica, debemos facer unha paréntese no período de Amarna no que se emprega a linguaxe falada nos textos literarios pero non relixiosos. (1552-664 a. C.)
-Demótico: é unha continuación do novo que se mantén ata ben entrada e época romana. (664 a.C.-600 d.C.)
-Copto: é a última fase que se mantén ata a chegada do árabe,século 3 d.C.
COMO ENTENDER A ESCRITURA?
Para poder entender o complexo modo con que os exipcios empregaban máis de setecentos sígnos debemos analizar a estrutura interior da escritura exipcia. A pictografía ou logografia que na que un signo equivale a unha palabra é moi rara posto que necesitariamos moitos símbolos. No caso do exipcio o gran número de palabras formais fai aínda máscomplexo o seu desciframento. Pero a lingua exipcia conta cunha caractarística que a escritura xeroglífica soupo aproveitar a fondo. Garda afinidade cos grupos semítico e hamítico de linguas, o que consiste en que a súa estrutura de palabra depende das consoantes principalmente. A escritura exipcia constiste fundamentalmente nunha mestura de ideografía e fonografía. Se analizamos máis a fondo a súaestrutura interna ofrece cinco compoñentes:
- O debuxo de un obxecto determinado pode estar en lugar dunha palabra concreta que denota ese obxecto.
- Una acción visible concreta pode estar representada polos seus elementos máis característicos.
- Unha palabra ou dúas das súas consoantes pode expresarse pola pintura dun obxecto que contén as mesmas consoantes, é dicir, de forma xeroglífica o que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De La Escritura
  • histori de la escritura
  • Historia de la escritura
  • historia de la escritura
  • La Historia De La Escritura
  • La historia de la escritura
  • La Historia de la escritura
  • Historia escritura

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS