Hobbes Y Outros Autores

Páginas: 15 (3692 palabras) Publicado: 8 de mayo de 2012
1.2 Renacemento e Reforma
O termo “renacemento” procede do poeta Petrarca e o pintor G. Vasari. Refírese ao modo en
que a sociedade e, en particular, a filosofía dos séculos XV e XVI entendía que tiña “cortado”
coa filosofía escolástica da época medieval e se tiña “volto” cara a antigüidade grega e romana.
Como resultado dese xiro recuperáronse moitos libros clásicos tanto de matemáticas eciencias
como literarios e políticos.
Os trazos da mentalidade renacentista aparecen con claridade na pintura da época. Os cadros
teñen menos contido simbólico e o contido pasa a depender da perspectiva. O representado é
dese xeito inseparable da posición do observador.É dicir, xa está presente a visión matemática
da natureza e do espazo. A adopción deste punto de vista respecto da naturezaporá en
marcha a chamada “revolución científica”.
A Reforma relixiosa desta época insírese nesta punto de perda de validez da filosofía
escolástica e das autoridades relixiosas. Lutero e Calvino, os principais reformadores
protestantes, buscaban unha “volta” aos ideais do crsitianismo primitivo. Pero, ao desafiar a
autoridade do Papa, indirectamente promoveron a formación dos estado europeosmodernos.
Os teóricos do estado moderno son Maquiavelo (XVI) e Hobbes (XVII).

1.2 A vinculación do empirismo e o racionalismo coa revolución
científica.
Empirismo e racionalismo son as dúas correntes filosóficas máis representativas da época
moderna, séculos XVII e XVIII. Nesta época a filosofía pregúntase por en qué consiste
a verdade do coñecemento científico e, en xeral, de todocoñecemento. Por empirismo,
empirismo clásico ou empirismo inglés enténdese ao tempo o grupo de autores británicos dos
séculos XVII e XVIII - Locke e Hume son os máis destacados- que comparten certa maneira de
entender a verdade do coñecemento. “Racionalismo” é outra certa maneira de responder a qué
sexa a verdade do coñecemento e, ao tempo, o grupo de autores que comparten esa proposta.
Descartes,Spinoza (XVII) e Leibniz (XVII,III) son os máis importantes.
O racionalismo entende que a verdade científica é verdade en sentido matemático, é dicir,
independente da experiencia sensible, que é algo construido na mente sen a axuda dos
sentidos. Namentres que o empirismo afirma que a verdade depende da experiencia que
procede dos sentidos. Os racionalistas defenden a existencia de ideas que nonproceden da
experiencia, as que chaman ideas innatas e os empiristas defenden que todas as ideas teñen
orixe na actividade sensorial.
Por revolución científica enténdese o cambio de maneira de ver a natureza que tivo lugar entre
os séculos XIV e XVII. Copérnico (XV) simboliza esta revolución ao propoñer unha cosmoloxía
na que o sol era o centro de xiro dos corpos celestes. O significado profundodeste cambio

consiste en comprender que o coñecemento da natureza está en función da perspectiva coa
que decidimos observala. O cal comporta que o coñecemento científico é relativo, non cabe
falar da “verdade” da ciencia en termos absolutos. O que é absoluto para a ciencia é que só
cabe falar de algo natural na medida en que se poida falar en termos matemáticos. Galileo
afirmaba que anatureza é un libro escrito en termos matemáticos.
Desde Galileo (XVI, XVII) e Newton (XVII, III), con Copérnico os principais científicos
modernos, os conceptos da física aristotélica ptolemaica non teñen sentido. Non cabe falar
dunha esfera supraluar e doutra subluar, do principio e do fin do movemento, de lugares
naturais, do abaixo absoluto, etc. Pero tampoco caberá falar dunha “verdadefilosófica” única.
Así podemos entender a contraposición entre o racionalismo e o empirismo. O racionalismo
reacciona contra o relativismo científico desenvolvendo un método que distinga a verdade do
erro en termos absolutos, e o empirismo mesmo radicalizará o relativismo en termos escépticos
ao negar a posibilidade de ningún método que conduza a verdades necesarias.

2.1 O problema do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Autores Filosofía Hobbes
  • Comparacion Entre Los Autores Locke, Rousseau Y Hobbes
  • Material Para Consulta, Outro Autor
  • Os outros
  • Hobbes
  • Hobbes
  • Hobbes
  • Os outros feirantes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS