jasjaj

Páginas: 6 (1465 palabras) Publicado: 10 de febrero de 2014
O presente comentario xirará arredor dun período importante da historia de España que coincide coa ditadura de Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña .

Do periodo precedente, destacamos como acontecementos históricos importantes, para entender e contextualizar a composición que nos ocupa, o fracaso da guerra de Marrocos e as críticas ao rei pola responsabilidade do desastre deAnnual, onde o xeneral Silvestre, co obxeticto de obter unha vitoria definitiva e estimulado por Afonso XIII, realizou unha manobra arriscada coas súas tropas, pero non asegurou a retagarda e dispersou demasiado os seus homes, cando as cabilas rifeñas atacaron a súas posicións obrigáronlle a retirarse, perecendo a maioría dos seus soldados; a radicalización das manifestacións catalanistas; o auxe doterrorismo, sobre todo do anarquismo, asasinando ó último presidente do goberno español antes da ditadura, Eduardo Dato, anteriormente tamén levaran a cabo magnicidios contra Xosé Canalejas, Antonio Cánovas del Castillo e Juan Prim e Prats; o medo á subversión social e política; a inestabilidade e incapacidade dos gobernos para controlar a situación...

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo deRivera, capitán xeneral de Cataluña, aproveitando o fracaso do sistema da Restauración e, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona.
O Goberno tratou de que o rei aprobase a destitución dos xenerais sublevados e a convocatoria de Cortes, pero a falta de apoio do monarca provocou a súa dimisión en pleno. O día 14, Afonso XIII chamou aPrimo de Rivera para que asumise o poder, aceptando así o golpe de Estado.
Éste contou inicialmente cunha gran aceptación popular, explicable polo elevado malestar político existente en España, e porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria para solucionar graves problemas vixentes.
É o propio Primo de Rivero o autor do Documento 1, o mesmo día do golpe de Estado, dirixíndosea todos os españois e, en especial, ó exército.
Este documento nos dá as claves para analizar as causas que motivaron o seu golpe de Estado. O documento atópase insuflado de patriotismo e de desexos de “salvar a España”.
Primo de Rivera comeza o seu manifesto xustificándose por levar a cabo o seu golpe militar xa que, na súa opinión, a situación da patria o requería.
O militar é consciente deque co seu comportamento está actuando ilegalmente, pero sinala que existía un clamor popular que demandaba unha solución de urxencia ante os graves problemas, inmoralidades e desdichas que sufría España.
Na súa opinión, tódolos males comezaron en 1898, clara alusión ao Desastre do 98 que implicou a perda das colonias Cuba, Porto Rico e Filipinas. Polo demáis, considera que se non actúa, asituación será cada vez máis dramática, temendo un fin tráxico.
A continuación, lanza unha acerada crítica á corrupción, moi extendida, segundo el, entre a clase política. Lanza tamén ataques contra o turnismo, que como sabemos, era o sistema vixente –creado por Cánovas- durante a Restauración. Consistía na alternancia pacífica entre os dous partidos burgueses, o conservador e o liberal, e para isoos seus dirixentes, en connivencia có rei, amañaban as eleccións mediante o pucherazo. Primo de Rivera, o chegar al poder, suprimirá o turnismo.

Por último, Primo de Rivera preséntase a si mesmo como o rexenerador e o cirurxián de ferro do que falara Xaquín Costa, e que o país precisaba para rexenar a vida pública e solucionar os problemas máis urxentes do momento: a conflitividade social, oescaso desenvolvemento político, o pistoleirismo, o problema de Marrocos, o comunismo e o nacionalismo separatista, considerados como dous elementos inimigos a combatir. Para iso instáurouse o Directorio Militar, primeiro goberno da ditadura, que estivo formado só por militares.

O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial atención aos seguintes aspectos:
A rexeneración...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS