KANT

Páginas: 27 (6748 palabras) Publicado: 3 de octubre de 2014
Ficha 5: Inmanuel Kant.

Parte A: Marco histórico e conceptual.

1. Factores políticos, sociais e culturais que no S. XVIII levaron á Ilustración.

A Ilustración, en tanto etapa histórica, debe ser entendida coma o resultado da suma de varios factores concretos. En primeiro termo, o optimismo científico e antropolóxico derivado do xiro antropocéntrico, que xa explicamos no tema anterior. Ensegundo lugar, o racionalismo cartesiano. E, en terceira posición, o empirismo británico, escolas filosóficas propias da Modernidade que tamén analizamos de vagar na ficha catro. Grazas á converxencia destes factores, e á síntese máis ou menos harmónica de moitos dos seus principios, xorde un dos movementos históricos e intelectuais máis importantes da historia, movemento que, como imos estudar,vai determinar os alicerces de moitas das áreas que aínda hoxe seguen en vigor (educación, ciencia, política, etc.).

Os ilustrados parten dunha idea simple, aínda que ao mesmo tempo de implicacións filosóficas hipertrofiadas: grazas á razón humana, ferramenta de incalculable valor, somos quen de nos afastar das tebras que nos mergullan na ignorancia. A razón vai ser a luz capaz de nos amosar ocamiño a seguir, fuxindo da irracionalidade política ou relixiosa. Eis unha das metáforas recurrentes ao longo da historia da filosofía: como xa aparecera noutros autores (lembremos as filosofías de Platón, Plotino ou Santo Agostiño, co seu Iluminismo), asúmese que a razón é o faro, a luz que nos debe guiar á procura do auténtico coñecemento. Deste xeito podemos concretar xa un dos principiosfundamentais do pensamento ilustrado: dáse unha confianza cega e plena nas posibilidades da razón humana. Ela proporciónanos respostas, coñecemento, solucións a todos os nosos problemas, ben sexan teóricos, ben sexan prácticos.

A Ilustración nace, en clave histórica, en tres países: Alemaña, Inglaterra e Francia. A etimoloxía proporciónanos a clave para penetrar no significado do termo. NaAlemaña Ilustración dise Aufklärung, termo que deriva do verbo klären, que significa esclarecer. Así pois, Aufklärung ven sendo unha sorte de Esclarecemento: grazas á razón a verdade sae á luz. En Inglaterra úsase a palabra Enlightenment, derivada de light, luz, que significa Alumeamento: a razón é a luz que nos vai guiar á procura do coñecemento. Xa por último, en Francia emprégase o termo Illustration,palabra máis achegada á nosa etimoloxía que significa, en tanto derivada do verbo ilustrar, dar luz ao entendemento. Así pois, aínda que haxa diferenzas terminolóxicas, nos tres países compártese unha mesma significación fonda: a Ilustración é a época da razón, do espertar do intelecto, da luz, da fuxida da ignorancia.

Cómpre agora analizar un pouco máis polo miúdo certos aspectos desteperíodo, centrando a nosa atención na Ilustración francesa, por ter asentando as bases da Ilustración política, na Ilustración alemana, por ser o referente xeográfico onde se formou Kant, e na Ilustración inglesa, por ter promovido varios dos avances científicos máis importantes da época. Vaiamos por partes:

a. Francia: factores políticos e sociais que desencadearon a chegada da Ilustración . En 1774sube ao poder Luís XVI, quen non fixo máis que radicalizar a situación de miseria social legada por Luís XIV, situación que motivou o estourido da Revolución Francesa do 1789, a cal acabaría oficialmente co seu reinado e a súa cabeza a comezos do ano 1793. A Revolución francesa trouxo consigo os fundamentos dun novo pensamento político, baseados na igualdade, na dignidade e na liberdade de todosos seres humanos, algo que aparecerá recollido na Declaración dos dereitos do home e do cidadán (Déclaration des droits de l´homme et du citoyen, 1789).
b. Alemaña: factores relixiosos, políticos e culturais que levaron á aparición da Ilustración . Temos que destacar dous elementos. O primeiro, o traballo do monarca Federico II o Grande, responsable do nacemento do Despotismo Ilustrado....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Kant
  • Kant...
  • Kant
  • Kant
  • kant
  • kant
  • Kant
  • Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS