Lírica medieval en galicia

Páginas: 13 (3088 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2013
GALICIA NA IDADE MEDIA/ ÉPOCA MEDIEVAL

A Idade Media é o periodo da historia que se comprende entre a división do Imperio Romano no ano 476, e a caída do Imeperio Bizantino no ano 1453.

1.Contexto histórico:

-A sociedade era feudal e estaba dividida en tres estamentos fundamentáis: nobreza, clero e campesiñado. A nobreza e o clero eran os que posuían as terras, mentres que oscampesiños pedían protección ós nobres a cambio de traballar as propiedades agrícolas(feudos) destes e pagar tributos. Só coa chegada de Baixa Idade Media aparecería a burguesía, ligada ó desenvolvemento dos transportes e do comercio.
Neste esquema social era fundamental a relación señor-vasalo, que se extendía a todas as capas sociais: así, o labregro era vasalo do marqués; o marqués, do conde; e oconde, do rei. Era unha sociedade xerárquica, organizada en forma de pirámide, no cume da cal estaba o rei.A Relación de vasalaxe:
·Señor-cedía un feudo a un vasalo e ofrecialle protección militar. Podía ser, á súa vez, vasalo
doutra persoa de rango superior.
·Vasalo-era un home libre que se convertía en servidor ou vasalo do señor a partir do momento en
que recibía o leudo. Traballabaa terra, pagaba unha parte dos seus ingresos ao señor e ademais
debía acudir na súa axuda cando este llo solicitaba.

- Ambito político: no século XII produciuse a separación entre Galicia e Portugal e a integración de Galicia na coroa de Castela. Nas súas grandes loitas sucesorias pola coroa castelá, a nobreza galega foi derrotada e isto incidiu de forma negativa no futuro de Galicia.-A economía era basicamente agrícola. Os labregos estaban obrigados a pagar tributos ao seu señor , xa fose da nobreza ou do clero: unha parte da colleita, días de traballo, diñeiro.

-Os séculos XII-XIII foron unha época de gran desenvolvemento que se reflictiu no crecemento demográfico, no avance da agricultura e no nacemento de cidades. Nestes núcleos urbanos xurdiu unha nova clase social:a burguesía, dedicada ós oficios artesanais, ó comercio...
O século XIV caracterizouse polas malas colleitas que provocaron a fame e a crise económica.o da cultura, No s.XV, a opresión e a pobreza extrema motivaron que a burguesía e o pobo se sublevasen contra os nobres nas revoltas irmandiñas. A nobresa, axudada polos reis de Castela e Portugal, neutralizou as rebelións e conseguiu manter oesquema social.

-Respecto da cultura, o descubrimento do sepulcro do Apóstolo no ano 813 deu orixe á cidade de Compostela e atraeu moitos peregrinos procedentes de toda a cristiandade. Deste xeito, chegaron a Galicia a través do Camiño de Santiago as correntes culturais europeas da época. Estas, mesturaronse coa cultura autóctona, produciron un gran florecemento artístico (o románico, alírica trobadoresca....)

2.Situación Lingüística:

A evolución do latín ó galego produciuse de forma paulatina e inapreciable. Nos séculos VII-VIII, o latín empregado na Administración e na Igrexa xa se diferenciaba da lingua falada, tanto que o latín e o galego xa eran dous idiomas distintos.
Malia que o pobo xa non entendía o latín, este seguiu a ser a lingua usada na escrita ata finais doséculo XII, principios do XIII, momento no que comezan a aparecer os primeiros textos en galego.
Durante a Idade Media, o galego foi unha lingua plenamente desenvolvida en todos os ámbitos, tanto orais coma escritos. Converteuse ademais na lingua lírica de case toda a península: nas cortes ibéricas, os trobadores compoñían e recitaban as súas cantigas en galego.


3. Características do galegomedieval:

Neste periodo, galego e portugués presentaban unha grande unidade lingüística, sobre todo a variante usada na lírica. A lingua dos cancioneiros era unha coiné ou lingua convencional, que non pretendía reproducir ningunha variante xeográfica nin a fala dun autor particular.
A lingua medieval tiña algúns trazos que non presenta o galego actual.

·Trazos fonolóxicos:
-Vocais...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Lírica Medieval
  • Lirica medieval
  • Pica Y Lirica Medieval 2
  • La lírica medieval y renacimiento
  • Literatura
  • LIRICA MEDIEVAL
  • Lirica medieval
  • LIRICA MEDIEVAL

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS