La Extrema Derecha En Europa Desde 1945

Páginas: 14 (3410 palabras) Publicado: 19 de julio de 2011
LA EXTREMA DERECHA EN EUROPA DESDE 1945 A NUESTROS DÍAS, Miguel Ángel Simón (ed.)

O libro divídese en dúas partes. A primeira introdúcese na evolución ideolóxica e programática da extrema dereita dende o 1945 (remate da II Guerra Mundial) até os nosos días. A segunda parte realiza fai unha análise territorial –por veces comparada- da extrema dereita partidista de distintos países da Europacontinental. Veremos a seguir, de xeito sintético, o contido máis destacado de cada unha das partes para, a continuación, realizar unha súa análise, co obxectivo de botar luz tanto sobre as evidencias que parecen atravesar tódalas pezas do libro, como das dúbidas que xorden da súa composición autoral fragmentaria.

Primeira parte: evolución ideolóxica da extrema dereita dende 1945.
Intelectuais,movementos e temáticas.

Por orde de lectura, o primeiro capítulo (Roger Eatwell) expón as distintas teorías sociolóxicas do carisma e a súa relación co concepto político de líder/liderado, para despois desenvolve-la súa hipótese, segundo a cal: a materialización e a viabilidade dun proxecto político partidista de extrema dereita (variable dependente) require a existencia dun liderado persoal ecarismático (variable independente); relación que cre, en parte, confirmada nas súas conclusións.

Pierre André Taguieff (cap. 2) analiza a relación entre o movementismo europeo de extrema dereita e o populismo. Realiza unha análise en catro pasos. Primeiro define o concepto; logo amosa as mostras que pensa relacionar (o FPÖ de Jorg Haider ou a Front Nationale de Jean Marie Le-Pen, entreoutros); a continuación examina as chamadas ó “pobo” destas mostras e a súa relación cunha concepción política instrumental-organicista e, finalmente, redacta unhas conclusións sobre a relación do populismo vinculado con estes movementos ideolóxico-políticos co populismo como estilo político. Deste capítulo destácase a continuidade dos elementos do populismo clásico, e o elemento novidoso da chamada ó“pobo de Europa” como nova realidade sociopolítica (elemento que veremos máis a fondo noutro capítulo desta parte).

O profesor Roger Griffin (cap. 3), diante das explícitas pretensións de ruptura con respecto á tradición fascista anterior do movemento ideolóxico-político da ‘Nova Dereita’ –xurdido en Francia da man de Alain de Benoist-, analiza en profundidade as continuidades/discontinuidadesdesta pretendida nova extrema dereita e o fascismo de 1930. A conclusión que se tira é que, máis ca unha ruptura, é unha nova configuración discursiva que ora conserva ora disimula ora oculta as vellas credenciais fascistas. Das continuidades máis importantes que se destacan, anotamos aquí a súa concepción organicista do pobo/comunidade, os seus valores antidemocráticos, e a súa fundamentaciónsociolóxica no pesimismo cultural con raíces no comezo do séc. XX e, sobre todo, no decadentismo de Spengler e de Heidegger, entre outros.

A articulación da islamofobia no discurso dos movementos da dereita radical centra o seguinte capítulo (cap. 4, Hans-George Betz). O punto de orixe é a nova articulación dun discurso que, se antes enfocaba o reto da presenza inmigrante dende un punto de vistaeconómico, agora muda o enfoque para centrarse nunha presunta contradición dos valores entre o Islam e a Europa católica1. Tamén se destaca a articulación deste novo discurso a partir dun novo populismo continental dos valores que, aínda que conteña dentro súa distintas culturas e orixes, si posúe unha mesma construción da moralidade e a ética a través da cal os valores toman sentido. Entón, dacontraposición destas realidades non só distintas, senón opostas, agroma a islamofobia, así como a necesidade dun recoñecemento política da comunidade orgánica orixinaria europea (estratexia do recoñecemento a través da oposición).

O seguinte capítulo (cap. 5, Miguel Ángel Simón) céntrase nunha das ideas antes vistas: o decadentismo de comezos do séc. XX e a palinxénese como un dos elementos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Reseñas Postguerra. Una Historia De Europa DesDe 1945.
  • Tendencias Artisticas Desde 1945
  • Estados unidos desde 1945
  • Cambios en la adolescencia desde 1945
  • Extrema Derecha
  • NOTICIAS EUROPEAS DESDE 1990
  • la economia venezolana desde 1945 a 1948
  • Derecho en europa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS