Lavoisier

Páginas: 6 (1315 palabras) Publicado: 14 de marzo de 2013
Aintoine-Laurent de Lavoisier.
Marco histórico e científico: Lavoisier viviu parte da súa vida nunha sociedade estamental con monarquía absoluta por parte de Luis XVI de Francia. A outra parte da súa vida viviuna na Revolución Francesa a partir de 1789 onde o pobo defendiu os seus dereitos fronte ás desigualdades da época onde reinaba a monarquía absoluta, estaba establecido o feudalismo e amaioría do pobo non podía opinar sobre nada. A Revolución francesa pedía a igualdade social e a división de poderes. A corrente de pensamento vixente en Francia era a Ilustración, os seus principios baseábanse na razón, na igualdade e na liberdade. A Ilustración e a independencia das trece colonias en EEUU serviron para impulsar ideolóxicamente a Francia a iniciar a Revolución francesa. En canto aciencia sobresale Laplace que escribiu sobre o campo astronómico propoñendo a existencia dun movemento de rotación; en matemáticas sobresale Gaspard Monge que é o creador da xeometnría descriptiva e Joseph-Louis Lagrange coñecido polos seus estudos no campo da metafísica das funcións. En canto a química é o campo máis desenrrolado no século XVIII xa que sae da fase alqumista e comeza a volverserealmente unha ciencia primeiro con Boyle no século XVII e máis tarde con Lavoisier.
No século XVIII tamén se adentraron moitos filósofos en varios estudos producindo avances na ciencia como Voltaire que introduciu a Newton en Francia e fixo un informe sobre o lume para a Academia de Ciencias de París. Montesquieu escribiu dous informes para a Academia de Burdeos sobre o eco e a utilización dasglándulas renais; Holbach estudou química e La Mettrie era médico.
Biografía: Antoine-Laurent de Lavoisier foi químico, biólogo e economista. Naceu en París o 26 de Agosto do ano 1743 nunha familia da baixa nobreza en Francia. Foi orientado pola súa familia a estudar dereito. Recibiu unha magnífica formación no Collège Mazarino onde adquiriu bos coñecementos en materia científica e en materiahumanística. Máis tarde ingresou na Facultade de Dereito en París onde se graduou en 1764 como licenciado, máis adiante estudou tamén Astronomía, Historia Natural e Química. A pesar de estudar dereito decantouse polas ciencias e en 1766 recibiu unha medalla de ouro da Academia de Ciencias francesa por un ensaio sobre o mellor método de alumeado público para grandes poboacións. Co xeólogo J.E. Guettard,confecionou un atlas mineralóxico de Francia. En 1768 presentou unha serie de artículos sobre análise de mostras de auga e foi admitido na Academia da que foi director en 1785 e tesoreiro en 1791. A súa esposa, Marie Paulze (de 14 anos, filla do seu xefe), con quen se casou en 1771 foi a súa colaboradora, e incluso traduciu ao inglés os artigos redactados polo su esposo. Un ano antes, éste xa ganaraunha reputación entre a comunidade científica da época ao demostrar a falsidade da idea de Robert Boyle, que dicía que a auga podía ser convertida en terra mediante sucesivas destilacións. A especulación acerca da natureza dos catro elementos tradicionais (aire, auga, terra e lume) levou a Lavoisier a emprender unha serie de investigacións sobre o papel desempeñado polo aire nas reaccións decombustión. Presentou á Academia os resultados da súa investigación en 1772 onde fixo constar que cando se queiman azufre ou dósdoro estes ganan peso por absorver “aire” mentres que o chumbo metálico formado tras quentar o chumbo mineral pérdeo por perder “aire”. A partir dos traballos de Priestley acertou a distinguir entre un “aire” que non se combina tras a combustión ou calcinación (o nitróxeno) eoutro que si que o fai, ao que denominou osíxeno (productor de ácido). En 1786 publicou Méthode de nomenclature chimique onde se clasificaron e denominaron tódolos elementos e compostos entón coñecidos. En 1789 fundou, con outros, Annales de Chimie publicación monográfica adicada á nova química e nese mesmo ano publicou tamén Traité élémentaire de Chimique onde se formula un primeiro enunciado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lavoisier
  • Lavoisier
  • lavoisier
  • Lavoisier
  • Lavoisier
  • Lavoisier
  • Lavoisier
  • Lavoisier

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS