Ley tasas 2003

Páginas: 38 (9289 palabras) Publicado: 14 de diciembre de 2010
LEI 6/2003, DO 29 DE DECEMBRO, DE TAXAS, PREZOS E EXACCIÓNS REGULADORAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

(D.O.G. Núm.240 de 11 de decembro de 2003).

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O obxectivo desta lei é a adaptación da lexislación en materia de taxas e prezos da nosa Comunidade Autónoma á doutrina exposta polo Tribunal Constitucional na Sentencia 185/1995, do 14 de decembro, onde establece unscriterios de definición deses conceptos distintos dos que figuran na nosa lexislación vixente; a sentencia do alto tribunal que fixa eses criterios tiña como motivo un recurso de inconstitucionalidade dirixido contra a Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos do Estado, e nesta, entre outros artigos, decláranse inconstitucionais os que definen aqueles ingresos. Obviamente, aínda que alexislación vixente na nosa Comunidade, Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, non se ve directamente afectada pola sentencia citada, como os seus conceptos están inspirados nos da lexislación estatal, si que se fai conveniente realiza-la debida adecuación.

A sentencia referida declaraba a inconstitucionalidade de determinadosartigos desa lei no sentido de entender que certos ingresos, que ata daquela constituían prezos públicos e quedaban fóra da órbita do principio de reserva de lei, en tanto e en canto participan das notas características das prestacións patrimoniais públicas polo seu grao de continuidade ou necesidade para un adecuado desenvolvemento persoal ou social, necesitan norma con rango de lei para o seuestablecemento.

O obxectivo antes manifestado podíase conseguir por dous procedementos posibles: modificando concretamente a lexislación vixente no que fose necesario ou promulgando unha nova lei que a derrogase; optouse pola segunda alternativa por

entender que é a mellor fórmula para preserva-lo principio de seguridade xurídica mediante unha maior claridade na normativa.

A lei que sederroga, no que se refire ás taxas, ten o carácter de lei de bases, que foi desenvolvida polo Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril; o uso desa técnica lexislativa estaba xustificado polo estado naquel momento existente de confusión e proliferación de normas que facía difícil un coñecemento práctico e unitario de tódalas tarifas que correspondían ás taxas de toda a actividade da Administraciónautonómica. Non é a situación actual e polo tanto optouse por establecer esas tarifas nos correspondentes anexos do texto.

A estructura desta lei consta de tres títulos, dúas disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria, catro derradeiras e cinco anexos.

O título I, Disposicións xerais, contén un conxunto de disposicións comúns a totalidade dos instrumentos financeiros ereguladores que se establecen na lei: taxas, prezos e mais exaccións e subvencións reguladoras.

O título II regula os instrumentos financeiros e dedícalle un capítulo a cada un deles: o primeiro ás taxas, o segundo ós prezos públicos e o terceiro ós prezos privados.

As tarifas ou as contías que deben satisfacerse por taxas veñen determinadas nos anexos correspondentes: no primeiro, os supostos dataxa por servicios administrativos; no segundo, os correspondentes á taxa por servicios profesionais, modalidade de actuacións administrativo-facultativas; no terceiro, os da taxa por servicios profesionais, modalidade de actuacións profesionais; no cuarto, os da taxa sobre a venda de bens, e, por último, o quinto anexo contén a taxa pola utilización privativa, a ocupación ou o aproveitamentoespecial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia.

O título III regula os instrumentos reguladores, as exaccións e as subvencións, xa creadas na Lei 13/1991, e mantén o réxime establecido por esta.

Título I Disposicións xerais

Artigo 1. Contido da lei Esta lei regula os aspectos financeiros da actividade da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, en canto a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • LEY 842 DEL 2003
  • LEY 861 DE 2003
  • Ley 842 del 2003
  • ley 842 de 2003
  • LEY 850 DE 2003
  • Trabajo Ley De Tasas
  • Jurisprudencia penal, ley 197/2003
  • Causales De Nulidad Ley 836/2003

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS