Literatura de Gallego 2º Bach

Páginas: 9 (2211 palabras) Publicado: 28 de abril de 2014
A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
Despois duns anos de marasmo (período de autores menores, de escasa calidade literaria),
o legado das figuras do Rexurdimento retómase no s.XX por mans das lrmandades da Fala ou da Xeración Nós. A evolución cultural desta época vai na niesma liña cás transformacións políticas e sociais da Galicia do momento.Para situarnos historicamente, cabe falar de varios cambios:
No ámbito social, desaparece a vella sociedade agraria: a fidalguía extínguese
definitivamente debido á redención dos foros de 1926, feíto que leva ao campesiñado a ter
a propiedade das terras, aparecendo así a figura do pequeno propietario agrícola.
Paralelamente, comeza un proceso de desruralización, a pesca e a agricultura sonabandonados a favor da industria ou do comercio urbanos, ou da emigración.
Medra a burguesía nas zonas urbanas, vinculada á industria e negocios relacionados coa
emigración.
A modernización da economía (nova maquinaria para o campo, transformación do sectór
gandeiro, industrialización urbana co resultado de crecemento) mellara a estrutura
produtiva do país. A pesar disto, asmigracións a América continúan.
No ámbito político, consolídase o nacionalismo de mans de organización como:

As lrmandades da Fala, de 1916, que tiñan como fin a defensa da lingua como punto de partida para a recuperación cultural de Galicia. Antón Vilar Ponte e Ramón Cabanillas son dúas das principais figuras deste movemento.


En 1931 fúndase o Partido Galeguista, sintetizando os esforzosdo nacionalismo galego. Será o principal valedor do Estatuto de Autonomía de 1936, que supoñía o autogoberno de Galicia e a cooficialidade do idioma; defendido por persoeiros como Alexandre Bóveda ou Castelao. Este Estatuto será aprobado por referendo o 28 de xuño, pero dous días despois a sublevación militar de Franco truncará estes avances, dando paso a corenta anos de ditadura.


No ámbitolingüístico comentar que o monolingüismo en galego continúa en declive debido ao contexto diglósico, que marcaba o castelán como lingua de ascenso social.
Aínda así, nesta etapa de preguerra, o galego vaise proxectar a todas as facetas da vida, non quedará reducido soamente á lírica. Recupera o seu rango de lingua moderna e · universal. Será obxecto de numerosos estudos, difúndase en espazosliterarios e culturais e emprégase en actos públicos.
No plano cultural cabe sinalar os seguintes acontecementos:
o Fundación da Real Academia Galega . 1906, promovido dende a Habana por Curros e Fontenla Leal.

Constitución das lrmandades da Fala. 1916.


Publicación do primeiro número da revista Nós e constitución do Grupo Nós, á cabeza de Vicente Risco. 1920 Presentan unhaideoloxía caracterizada polo europeísmo cosmopolita, elitismo e culturalismo. Defensores da tradición e do enxebre fronte á modernidade da burguesía urbana castelanizada.


Creación so Seminario de Estudos Galegos. 1923, institución interdisciplinar con fins como a pescuda sistemática, formación de investigadores e divulgación da realidade galega. Por primeira vez investigase a cultura galega naUniversidade.


Ao redor da actividade de dinamización cultural das lrmandades da Fala, o panorama
cultural galego experimenta un gran desenvolvemento: aparecen revistas, xornais,
agrupacións artísticas ... O escritor deste período comprométese coa lingua e cos
presupostos do nacionalismo, apostando tamén por anovar as liña~ literarias, explorar
novos estilos, temas ou xéneros.
Anosa lírica afástase, pois, da tradición (inmediatamente anterior), sen renunciar ao legado de Resalía, Curros ou Pondal. Explóranse novos horizontes con calidade literaria. Un dos poetas máis excelsos da nosa literatura é Ramón Cabanillas, digno sucesor do Rexurdimento.
Pódese afirmar deste poeta que estivo presente nos máis salientables acontecementos e institucións da Galicia contemporánea:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura valenciano 2º bach
  • Temario de Literatura 2º Bach
  • Resumen literatura 2º bach
  • 2º Bach
  • Literatura bach
  • Modelo Examen Gallego 2º
  • Productividad economia 2º bach
  • arte 2º bach galicia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS