Literatura gallega tema 11

Páginas: 9 (2003 palabras) Publicado: 1 de abril de 2014
TEMA 11.
PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90.
PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES. (P.364-384)
1.- A CONSOLIDACIÓN DA NARRATIVA DE 1975 A 1985
1.1.- INTRODUCIÓN
1.2.- TENDENCIAS
1.3.- AUTORES
2.- A NARRATIVA DE FIN DE SÉCULO (1985-2001)
2.1.- PANORAMA XERAL
2.2.- TENDENCIAS
2.3.- AUTORES
3.- A NARRATIVA GALEGA NOS PRIMEIROS ANOS DO SÉCULOXXI
3.1.- INTRODUCIÓN
3.2.- TENDENCIAS
3.3.- AUTORES

1.- A CONSOLIDACIÓN DA NARRATIVA DE 1975 A 1985.
1.1. INTRODUCIÓN.
Durante o período de Transición (1975-1981) – readaptación da literatura galega. Os
espazos de liberdade gañados permiten un impulso das publicacións, a aparición de novas
Editoriais (Edicións Xerais de Galicia) e a convocatoria de diversos premios (Premio Blanco
Amor ouXerais de Novela).
Preocupación por recuperar a memoria reprimida durante corenta anos de ditadura
(clásicos, literatura testemuñallista sobre a Guerra do 36 e a posguerra). Están en plena
actividade Cunqueiro, Fole, Neira Vilas. E os novos escritores evolúen desde técnicas realistas
e preocupacións sociais ata fórmulas máis complexas. A literatura concíbese como medio para
reflexionar sobrea identidade colectiva do país ou denunciar as súas eivas históricas (esta
preocupación irase debilitando ao ir avanzando os 80)
1.2. TENDENCIAS.
a) Realismo ruralista e etnográfico: Exploran o imaxinario popular do mundo rural galego,
tomando como modelo a Ánxel Fole. Historias do canizo de Ánxel Sevillano.
b) Narrativa memorialista: Centrada na Guerra do 36 e inmediata posguerra,escritapor
autores que a padeceron en carne propia. Era tempo de apandar de Ramón de Valenzuela; O
silencio redimido de Silvio Santiago; O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte
de Antón Alonso Ríos.
c) Narrativa histórica: Recrea determinados momentos do noso pasado. Xoán Bernárdez
Vilar, Un home de Vilameán (a medio camiño entre a reportaxe periodística e a ficción histórica
parareconstruír a Segunda Revolución Irmandiña e o ambiente social da Galiza feudal na
Baixa Idade Media); Víctor F. Freixanes, O triángulo inscrito na circunferencia (entre a
realidade e o mito, crea un mundo literario propio, trasunto alegórico de Galiza); Alfredo Conde,
Xa vai o griffón no vento (entrecruza dous planos narrativos, a historia dun escritor esgotado, e
catrocentos anos atrás ahistoria dun
inquisidor enviado a Compostela).
d) Realismo sociolóxico: Reflicte os principais conflitos da sociedade galega da época
(emigración, industrialización e recoversión, crise do mundo rural,...). Primeiras obras de
Xavier Alcalá e Alfredo Conde; Morrer en Castrelo do Miño de Xosé Fernández Ferreiro
(próxima á narrativa do posfranquismo, é un alegato contra a política depredadorapracticada
en Galiza polas compañías hidroeléctricas).

e) Narrativa alegórico-social: Pretenden mostrar de forma alegórica a situación do pobo
galego e introducen, nunha base narrativa realista, elementos fantásticos e marabillosos.
Fábula de Xavier Alcalá (presenta unha situación dupla, por un lado preténdese esclarecer a

morte dun asasinado nos primeiros días da Guerra do 36, e por outro,analízase a complexa
realidade política dos primeiros anos de transición); E agora cun ceo de lama de Paco Martín;
Beiramar de Martínez Oca (presenza do estraño e marabilloso á beira do real, exemplo de
novela alegórica, combina realismo con elementos do mítico popular).
f) Narrativa de xénero: Resultado das experiencias avanzadas de Xosé Fernández Ferreiro
que ensaia nestas datas o “western” e aciencia-ficción, A morte de Frank González, Reportaxe
cósmico.
g) Narrativa renovadora e experimental: Certos autores crean fórmulas narrativas persoais,
anovadoras e experimentalistas: Carlos Casares Xoguetes pra un tempo prohibido (narra en
forma de longa analepse a peripecia vital e as experiencias do protagonista, desde a súa
infancia e adolescencia ata a súa mocidade e madurez cando...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Temas de gallego
  • Gallego Literatura 10 11 14
  • TEMA 11
  • Tema 11
  • Tema 11
  • Tema 11
  • Tema 11
  • tema 11

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS