LOL en LOLANDIA

Páginas: 79 (19698 palabras) Publicado: 4 de abril de 2013
NORMAS ORTOGRÁFICAS
E MORFOLÓXICAS
DO IDIOMA GALEGO
REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

Extracto do texto aprobado pola Real Academia Galega
na sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003. Parte normativa

Xunta de Galicia
Presidencia
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Santiago de Compostela, 2005

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:
CelsoCurrás Fernández
Secretaria Xeral de Política Lingüística:
María Sol López Martínez
Subdirectora Xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega:
Cristina Rubal González

© Real Academia Galega
© da edición: Xunta de Galicia

ISBN 84-453-4042-5
Depósito Legal: C. 1.171-2005

INTRODUCIÓN
A elaboración das presentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego fíxose atendendo aosseguintes
principios:
1. A lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo real e concreto, e por tanto ha de
ser necesariamente continuadora da lingua falada
pola comunidade e ha de achegarse canto sexa
posible a ela, a fin de enraizar sobre bases seguras e
vivas. Agora ben, para que estas bases sexan efectivamente sólidas, a norma debe acoller un galego
fiel a si mesmo e limpo decanto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis
galega posible, establecida sen sometementos nin
dependencias, con atención escrupulosa á estrutura e características lingüísticas do galego.
2. O galego normativo ten que ser o vehículo expresivo común e válido para todo o pobo galego, voz
apta e dispoñible para as súasmanifestacións tanto
escritas coma orais, tanto artísticas coma utilitarias. Consecuentemente, o galego común non
pode basearse nun único dialecto, senón que debe
prestar atención preferentemente á extensión xeográfica e demográfica das formas para seleccionar
as normativas. Ha de ser, pois, supradialectal e
lograr que o maior número posible de falantes
galegos se identifiquen coas soluciónsacordadas.
5

3. O galego común debe seguir as boas tradicións da
antiga lingua galega que sexan compatibles coa
maneira de ser moderna da lingua, de xeito que as
formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e evolucionadas. Debe recoñecer tamén a
súa propia literatura e cultura máis recentes,
emparentando así con todos os escritores anteriores e aceptando solucións xaconsagradas polo uso.
4. As escollas normativas deben ser harmónicas coas
das outras linguas, especialmente coas romances
en xeral e coa portuguesa en particular, evitando
que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas. Para
o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente
no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recursofundamental,
sempre que esta adopción non for contraria ás
características estruturais do galego. As escollas
deben decidirse de acordo cun criterio de coherencia interna, a fin de que o galego común non
resulte arbitrario e incongruente.
Unha lingua común asentada na fala, mais depurada
de castelanismos, supradialectal, enraizada na tradición,
coherente e harmónica coas demais linguas decultura,
esixe:
1. Excluír o diferencialismo radical porque, aínda
querendo ser unha postura de defensa fronte ao
castelán, manifesta de feito unha posición dependente e dominada con respecto a esta lingua. Han
de excluírse, con maior razón, solucións diferencialistas que só sexan falsas analoxías e vulgarismos.
2. Excluír tamén a evasión cara á lingua medieval:
formas definitivamentemortas e arcaicas non
deben suplantar outras vivas e galegas.
6

3. Valorar a contribución do portugués peninsular e
brasileiro, mais excluír solucións que, aínda sendo
apropiadas para esa lingua, sexan contrarias á
estrutura lingüística do galego. O punto de partida e de chegada en calquera escolla normativa ha
de ser sempre o galego.
***
Para aqueles casos en que se ofrecen varias...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lol lol lol lol
  • lol lol lol lol
  • lol lol lol
  • lol lolo lola lolelo
  • LOL ES LOL OK LOL
  • LOL LOL Y MAS LOL
  • lol lol lol
  • lol lol lol

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS