Los cambios estructurales de europa

Páginas: 8 (1972 palabras) Publicado: 8 de abril de 2013
A península Ibérica na Prehistoria


A Península Ibérica comezou a ser poboada pola especie humana hai aproximadamente un millón de anos.

Os primeiros poboadores


Coma noutras partes do planeta, durante centenares de milenios, os homes primitivos da Península Ibérica mantiveron unhas formas de vida baseadas na existencia de pequenos grupos nómades que seguían a evolución estacionaldos animais que cazaban e das especies vexetais que recollían. No marco destas comunidades depredadoras, non obstante, experimentouse unha lenta pero continua evolución, tanto das súas características biolóxicas (proceso de hominización) coma das técnicas e culturais, o que nos permite distinguir varios períodos.

Paleolítico Inferior (hai 1.000.000-100.000 anos). Os restos humanos máisantigos foron localizados en Atapuerca (Burgos), cuns 800000 anos de antigüidade. A súa análise permitiu lanzar a hipótese de que pertencen a unha nova especie, o Homo antecessor, primeiro poboador de Europa. Fabricaba unha industria lítica baseada en utensilios de grandes dimensións sobre pedras de sílex ou cuarcita.(Foto 1)

Paleolítico Medio (hai 100.000-40.000 anos). O seu protagonista foi o homoneanderthalensis (chamado «de Neanderthal»). A súa maior capacidade intelectual permitiulle elaborar útiles máis diversificados, fabricados en ocasións con técnicas complexas de talla. Este home xa manifestou un interese cara aos rituais funerarios ao enterrar aos seus mortos.

Paleolítico Superior (hai 40.000-10.000 anos). Neste período xurdiu unha nova especie, o Homo dapiens (chamado «deCromagnon»), de características moi semellantes ás nosas, xa que é a especie á que pertencemos. Ademais da pedra, traballaron a hasta e o óso. Seguindo o costume iniciado no período anterior, tamén enterraban os mortos. As achegas máis novidosas foron as primeiras manifestacións artísticas, tanto de arte moble coma parietal*. A arte parietal ten moitísimosexemplos nas covas da cornixa cantábrica(Altamira...).(Foto 2)

Epipaleolítico (hai 10.000-5.000 anos). É un período de transición.

A revolución agraria e metalúrxica


O Neoítico apareceu na Península Ibérica uns 3.000 anos despois de que o fixese no Oriente Próximo.

Neolítico (5.000-3.000a.C.). A primeira neotilización produciuse na franxa costeira peninsular, desde Cataluña ata Andalucía e Portugal meridional. Estesgrupos vivían aínda en covas, tiñan xa unha economía produtiva, esencialmente gandeira, e coñecían o cultivo do trigo e do centeo. Ao longo do terceiro milenio a.C. desenvolveuse a cultura megalítica en Galicia, como parte dun fenómeno cultural moi amplo, o megalitismo atlántico, de especial difusión na Europa atlántica. Caracterízase polas súas construcións monumentais a base de grandes pedras, entreas que sobresaen os sepulcros coñecidos co nome de mámoas ou medorras,que están formados por un dolmen*e un túmulo de terra e pedra que os cobre.(Foto 3 y 4)

Idade dos Metais (3.000-1.000a.C.). Pode considerarse a prolongación do Neolítico. Nesta etapa aplícanse novas técnicas mineiro-metalúrxicas destinadas ao traballo dos metais do cobre, do bronce, e máis tarde, do ferro.

A Iberiaprerromana (1000-218a.C.)*


A partir do ano 1.000a.C. empezamos a ter noticias escritas sobre os pobos que habitan a Península. Delas e dos restos arqueolóxicos atopados, podemos deducir que, ao inicio dese período, a Península entrou en contacto tanto cos pobos indoeuropeos procedentes de Europa central coma cos mercadores fenicios e gregos que viñan do Mediterráneo oriental. O cruzamento deambas as dúas influencias sobre o substrato cultural preexistente deu lugar á formación dos pobos e culturas cos que se atoparon os romanos ao chegar á Península no século IIIa.C.

As migracións indoeuropeas


Procedentes das chairas centrais de Europa, os pobos indoeuropeos entraron na Península Ibérica polos Pireneos, en ondadas sucesivas, cara á primeira metade do primeiro milenio. Estes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cambios en europa del este
  • Cambio Estructural
  • CAMBIOS ESTRUCTURALES
  • cambio estructural
  • Cambio estructural
  • Cambio Estructural
  • Cambio estructural
  • cambio estructural

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS