Los Sótanos De La Ansiedad

Páginas: 14 (3401 palabras) Publicado: 6 de mayo de 2012
OS SOTOS DA ANSIEDADE




INTRODUCCIÓN

Rosch definíu un prototipo como o exemplar que mellor se recoñece, o máis representativo e distintivo dunha categoría. Esta idea repousa en entender a realidade como un conxunto sobre o que o coñecemento humán fai toda unha serie de operacións cognitivas, unha delas, descompoñela en categorías como “grupos de obxectos do mundo relacionados acausa de similitudes que manteñen entre sí”. Estas categorías, ademáis, se organizan ao redor dunha imaxe central, prototípica, do membro da categoría que é máis representativo de todos.
Na porción da realidade que atinxe á efermidade mental, os tres prototipos que se me veñen á cabeza son a psicose, a depresión e ansiedade. Mirandoo ben, estos tres prototipos son compartidos tanto polo discursomédico como polo discurso social, así que comenzarei por eles.
O que me interesa aquí é tentar mostrar cómo estes tres prototipos diferéncianse entre sí, e dicir, cómo cada un deles precisa factores distintos para caracterizalos e cómo cada un deles remite a cuestións e problemas diferentes. Dalgún xeito, pode que desde un punto de vista clínico teña sentido que a enfermidade mental repouse en trescategorías non homólogas, pero para poder indagar na cuestión da ansiedade debemos comezar por aproximarnos a ela casi dun xeito ontolóxico, como si dun obxecto de coñecemento se tratase.
A psicose, a grandes rasgos, correspóndese coa locura. Se tentamos facer o tipo de aproximación que propoño a este prototipo da enfermidade mental, repararemos que a psicose ven moi influenciada pola dimensiónalleo/propio. En efecto, a palabra tolemia, de orixe incerta, talvez árabe, utilizouse conxuntamente con “aliéné” (francés) e “veruk” (alemán), aludindo ambas ao carácter estraño (alien) do enfermo psíquico. O equivalente en galego sería “enaxenado”, palabra que derivando de “alleo”, ten o mesmo sentido.
O seguinte prototipo é a depresión. Este precisa xa dunha certa teoría psicológica, xa queaspira a unha comprensión da mesma. Non é algo alleo, como a psicose, algo estrano é incomprensible, senón que se entende en relación a unha dimensión de causalidade. A teoría psicolóxica que repousa neste prototipo é a chamada doctrina das facultades mentais. Así como no corpo se foron distinguindo unha serie de órganos e unha serie de funcións, outro tanto do mesmo se pretendeu coa mente: apercepción, a vontade, o intelecto, e... o estado de ánimo. Así vista a cousa, a depresión sempre é “orgánica” xa que se entende como unha afectación dun órgano mental, o estado de ánimo debido a toda unha posibilidade de causas: o estrés, os disgustos, os problemas, as miserias da vida. O prototipo depresión é polo tanto, ademáis de orgánico, tamén causal (fronte o prototipo psicose que se sitúa nadimensión alleo/propio).
O último dos prototipos da enfermidade mental é a ansiedade. Moito máis borroso que os anteriores, non marca unha fronteira tan nítida entre o normal e o patolóxico. Se relaciona co medo, ca alerta, quizáis estea dentro dun concepto más amplo como é o temor. Oscila en demasiadas ocasións entre un síntoma e unha enfermidade. Depende tanto da noción de causa como da nociónd ecarácter para abordala. É un prototipo que a forza de facerse borroso termina por ser o gran prototipo da enfermidade mental, xusto no instante en que comezamos a chamalo simplemente nervios, e ao mellor asé é como debera ser chamado.
Estes tres prototipos, a súa vez, remiten a cuestións distintas. Quero dicir, non só se trata de que na súa caracterización empreguemos dimensións distintas, senónque tamén, unha vez descritos e caracterizados plantexan problemas diferentes entre sí. Simplificando, a psicose creo que remite de xeito principal a una teoría social, que involucre o control e a xestión social. Tendo en conta cómo se sitúa no eixo alleo/propio non debería estrañarnos que a historia das psicoses sexa unha historia de institucionalización e reformas.
A depresión remite sobre...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • sotano
  • Un cadaver en el sótano
  • Ansiedad
  • ansiedad
  • ANSIEDAD
  • Ansiedad
  • La Ansiedad
  • ANSIEDAD

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS