Medeas (Eurípides Vs Lars Von Trier)

Páginas: 15 (3525 palabras) Publicado: 26 de diciembre de 2012
Eurípides. Lars Von Trier. Pier Paolo Pasolini.










Sheyla Fariña García
1º A Interpretación Textual
Materia: Literatura Dramática I
ESAD de Galicia
Data de entrega: 15. 02. 2011

INTRODUCIÓN:

No seguinte artigo, pretendo realizar unha comparativa entre distintasversións da obra Medea. Traballarei, pois, sobre os documentos audiovisuais de Lars Von Trier e de Pier Paolo Pasolini. Ámbolosdous realizan sendos traballos sobre a historia da mitoloxía grega e ofrécennos dúas versións totalmente diferentes.

Tras a lectura na aula do texto Medea de Eurípides, coñecín a historia mitolóxica grega de Medea, da cal o autor sacou o argumento. Regalounos unha historiacomezada e que respectaba a lenda da súa orixe até o final. Non era máis que unha versión. Outra máis. A primeira.
Von Trier e Pasolini fan o mesmo pero nun soporte diferente: o video.

Nas seguintes páxinas, centrareime nos dous filmes facendo fincapé nas diferencias e semellanzas que hai entre eles e, así mesmo, coa historia que nos relata Eurípides na súa obra de teatro.UNHA ARGUMENTO. TRES VERSIÓNS.
Medea é un personaxe da mitoloxia grega. Filla de Eetes da Cólquide e dunha ninfa, Idia, Medea medra aprendendo oficios de bruxería e meigallos, o cal fará dela unha muller misteriosa, segura, e temida por quen a coñece. Sendo xa unha muller, tópase con Jasón, que chega á Cólquide en busca do ‘velocino’, unha pel de carneiro dourada que regalara unantepasado seu ao pai de Medea. A lenda di que o ‘velocino’ aseguraba a prosperidade e o poder. O pai de Jasón deixara o seu reino ao seu irmá Pelias até que o pequeno cumprise dezaoito anos, día até o que estivo ao coidado do centauro Quirón. Jasón volta, sendo maior de idade, a Yolco coa intención de recuperar o reinado de seu pai, pero seu tío Pelias pídelle a cambio que lle trais o ‘velocino’.Medea rouba para el, coa axuda de seu irmán, ao que matará logo de conseguilo, o ‘velocino’. Finalmente Pelias non cumpre a súa promesa, pero Jasón, namorado de Medea, sinte que xa ten o que quere. Jasón e Medea viven xuntos en Corinto, reinado de Creonte e de cuxa filla, Glauce, se namorará Jasón, deixando por ela a Medea, nai de seus fillos. Esta, para vingarse, mata a Glauce e, pos extensión, aCreonte e logo asasinará a seus fillos para devoltarlle a Jasón todo o sufrimento que lle debe.
Este é o resumo da historia de Medea, do que parten os documentos que analizarei a continuación.
Para empezar, Eurípides non nos conta toda esta historia. Cínguese exclusivamente a darlle protagonismo a Medea e a acción parte do seu sufrimento tras o abandono por parte de Jasón. Ofrécenos unhadimensión tráxica da personaxe, á que as súas decisións a levan polo camiño do sufrimento desmesurado. A situación plantéxase en Yolcos, xa con Jasón e Glauce amándose e coa nosa protagonista lamentándose do seu destiño.
A tv movie de Lars Von Trier relata os mesmos acontecementos que Eurípides, pero dándolles outras formas e cronoloxía. Introduce, por exemplo, a escena de Egeo ao principio do seu filmee non na metade como fixo o autor grego do século V a. C. En canto ás formas, refírome, sobre todo, á falta de texto, á ausencia de unidade de lugar, á falta de decoro grego... Isto último reflíctese nas mortes dos fillos de Medea: Eurípides agóchaas e fai que se produzan fóra de escena, mostrando, únicamente, os cadáveres dos nenos xunto á súa nai; Von Trier amosa ao espectador ámbalas dúasmortes. A indudable protagonista da obra segue a ser Medea.
Doutra banda, Pier Paolo Pasolini é quén profundiza máis notablemente na historia ofrecéndonos un coprotagonismo entre Medea e Jasón. Comeza presentándonos a Jasón de neno acompañado de Quirón e cóntanos toda a historia da mitoloxía grega até o final da mesma. É unha historia moito máis completa que fai protagonista tamén a Jasón e que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • "Medea", lars von trier
  • Anticristo de Lars Von Trier
  • Melancholia De Lars Von Trier
  • SOBRE DOGVILLE DE LARS VON TRIER
  • Analisis de anticristo de lars von trier
  • El Film “Cinco Condiciones” Lars Von Trier
  • lars von trier 2
  • Anticristo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS