Neotrobadorismo

Páginas: 11 (2569 palabras) Publicado: 11 de junio de 2014
1. Neotrobadorismo

O Neotrobadorismo supón unha nova concepción da poesía dos trobadores medievais. Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, pero está influída polas correntes do momento.

A) O Neotrobadorismo xorde arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923 por estudantes da Universidade deSantiago (Bouza Brey, Filgueira Valverde...). É a primeira tentativa seria de estudar Galiza nas súas diversas manifestacións artísticas e está dividido en seccións á fronte das cales están os compoñentes de Nós, os homes de prestixio do momento. O Netrobadorismo está ligado ao presidente da sección de literatura: Armando Cotarelo Valledor.

B) Antecedentes remotos (non sabemos como chega aeles a poesía medieval):
Pondal, ten poemas que lembran ás cantigas medievais. Este é o caso de “O canto do vixía”:

“O canto do vixía”
Publicación
Non se coñece até 1981, cando é publicado por Amado Ricón.
Non sabemos cando o compuxo Pondal.
Trazos que lembran á poesía medieval
Aparición da palabra “xograr”.
Alusión continua aos ollos da amada (característica da escola galego – castelá)Estruturas sintácticas (“Defensa atopar cuidei”).
Arcaísmos: í (do lat. ibi).
Refrán.
Alusión á morte de amor, coma nas cantigas de amor.
Outros trazos
Primeira estrofa narrativa + desenvolvemento.
A primeira parte (8 estrofas) lembra máis á lírica medieval cá segunda, máis popular.

Carles Riba1, autor catalán que escribe cancións ao xeito das cantigas medievais:

Obras en galego:
25cantares de amor: teñen semellanza coas coplas populares galego – portuguesas.
5 cantares de amigo: son unha mímese das cantigas de amigo medievais, polo que Carles Riba tiña que coñecelas (teñen leixa – pren, refrán...)

Relación con Galiza:
Na posguerra realízanse reunións entre poetas cataláns e galegos. En 1968 celébrase unha destas reunións en Compostela da que Xosé María Álvarez Blázquezdeixa un testemuño escrito referíndose a Carles Riba. Di Álvarez Blázquez que Riba afirmara coñecer a obra de Rosalía e que se aventurara a escribir en galego en 1911. Tamén lle di que considera o galego unha lingua moi axeitada para traducir ao alemán Heine.
Namórase dunha costureira de Vilagarcía de Arousa que traballa en Barcelona: Pepita Vila Pérez. En 1975 Pepita morre e a súa familia atopaos poemas galegos de Riba e entrégallos á Generalitat, que os publica baixo o títilo de Papers de Juventut en 1987, data desde a que os coñecemos.

Xan Vicente Viqueira, destaca máis polo labor de pensador ca polo de creador. Con todo no poema “Poemeto da vida” podemos achar trazos que lembran á lírica medieval, lírica que é probábel que coñecese:

“Poemeto da vida”
Trazos que lembran ápoesía medieval
Refrán
Lembra a Martín Codax: “e bañar nos hemos nas ondas”
Outros trazos
A primeira parte é narrativa, coma no poema de Pondal (1ª estrofa).
Sentimento da raza: “con reminiscencias raciás cantou esta alborada”

C) Como coñecen a poesía medieval?
Xa se descubriran os tres cancioneiros medievais2 máis importantes, mais a difusión da lírica medieval galego-portuguesa non seproduce até a publicación de dúas antoloxías de José Joaquim Nunes: Cantigas de amor (1932) e Cantigas de amigo (1928), polo que podían ter noticias deles, pero non coñecelos en profundidade.
Coñecen ao ensaísta Teodosio Vesteiro Torres, quen se suicida en 1876 e dona á Biblioteca da Universidade de Santiago o que el cría que era o (C)V, que en realidade era unha antoloxía. É moi posíbel que no SEGcoñecesen esta antoloxía e baseándose nela xurdise no neotrobadorismo.

D) Influencias:
Cantigas medievais: hai unha mímese dos recursos estilísticos3 (paralelismo, leixa-pren, refrán) e son as cantigas de amigo e as de amor os xéneros máis imitados.
Vangardas: léxico, metáforas...
Neopopularismo: Montesinos divulga a un Lope de Vega que recollera a tradición popular de Castela (Santa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS