normas

Páginas: 6 (1474 palabras) Publicado: 23 de abril de 2014
Historia da Normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

O proceso de normalización dunha lingua ( implantación xeral na sociedade) vai estreitamente emparellado coa súa normati­vización (a regulación do tipo de idio­ma a empregar); no proceso de normativización distinguimos tres tarefas fundamen­tais:
a) Grafización: consistentes en darforma escrita a unha variedade falada; ten que ver coa fonética e fonoloxía así como a ortografía.
b) Estandarización: creación dunha variedade uniforme, propia da escrita e da comu­nicación formal, situada por riba das dis­tintas variedades xeográficas, so­ciais e es­tilísticas; o plano de actuación típico deste proceso ten que ver coa morfolo­xía: no plano morfosintáctico (regularización daflexión de palabras e sistemas gramati­cais: formación do xénero, número, forma e función dos pronomes... ) e no morfolóxico (for­mación de palabras...)
c) Modernización: Consistente na habilitación da lingua para ser empregada en no­vas formas de discurso e para tratar novos temas por medio do incremento e pu­ri­ficación do léxico.

A normativización supón a elaboración dun código formalizado,común e váli­do para tódolos falantes, que se concreta na determinación dun­ha orto­grafía, unha gramática e un dicionario do idioma.
O galego, sometido desde o século XVI a unha situación diglósica que o re­duciu a ser unha lingua oral, ex­perimentou un proceso de deterioro do seu sistema lingüís­tico, alterado pola intromisión do castelán, especialmente no léxico e na morfo­loxía e asis­tiua unha disolución da súa unidade básica ao carecer dun refe­rente culto que ser­vise como modelo e elemento uni­formizador. As consecuencias disto foron a castela­nización e a dialectalización do idioma.
Cando no século XIX o galego gaña outra vez o espazo escrito, os seus cul­tiva­dores encóntranse cunha lin­gua fragmen­tada e rusticizada, de vocabulario li­mitado ás realidades primarias, eque suplía as súas insuficiencias (léxicas, or­tográfi­cas...) co modelo do castelán.
Ignorantes da tradición escrita medieval, os escritores do XIX foron ensaiando solucións, probando fonemas e morfemas na procura dunha lingua digna, apta para as máis elevadas esixencias da cultura, e unificada. O dialecta­lismo ( utilización da pro­pia fala individual, dialectalizada, castelanizada), ointer­dialectalismo (mestura asiste­mática de elementos provenientes de diversos dialec­tos galegos) e o supradia­lec­talismo (busca dun galego culto e unificado, supera­dor de peculiarismos e depu­ra­do) son as etapas que comprende esta marcha.
A pesar de estar xa presente desde os primeiros momentos a necesidade de lograr unha unificación da lingua escrita, non foi ata moi recentemente cando es­tedesexo tomou forma práctica.
A incorporación do galego ao ensino e á vida social e institucional, aos medios de comunica­ción social, o crecente labor editorial..., puxe­ron de manifesto a urxencia de se dotar dun soporte básico de tipo ortográfi­co e mor­folóxico que posibilitase o inicio dun eficiente proceso normalizador da lingua.
Nos anos 1970-1 a Real Academia (RAG) fixo públicas unhasNormas Ortográfi­cas e Morfolóxicas que recollían grande parte das solucións que se xeneraliza­ran, máis ou menos espontaneamente, no galego escrito. Mais serán os anos finais da déca­da e os primeiros da década dos oitenta os que van asistir a unha inusita­da febre normativi­zado­ra con diferentes propostas da man distintas posturas.
A diferente concepción lingüística que manifestanestas posturas traduciuse en propostas normativas dife­rentes e enfrontadas entres si, Mais foron son as NORMAS ORTO­GRÁFICAS E MORFO­LOXI­CAS DO IDIOMA GALEGO do ILG- RAG, de carácter rexeneracionista, publicadas no ano 1982 as que, tras ser sancionadas pola Xunta de Galicia, adquiriron carácter ofi­cial; foron revisadas no 1995 e novamente o 12 de xullo de 2003 a Real Academia Galega,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Normas
  • Normas
  • Normas
  • Normas
  • Normas
  • normas
  • normas
  • normas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS