Nvcgnfngfd

Páginas: 5 (1011 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2011
Vocabulario de Historia da Arte. 2º Bacharelato, 1º avaliación (II)

1 Ábsida

Parte da igrexa situada na cabeceira, xeralmente de planta semicircular, e ás veces poligonal, cuberta con bóveda de cuarto de esfera.

2

Arcobotante

Arco rampante exterior que descarga a presión lateral das bóvedas sobre un contraforte. Serve tamén como desaugue da chuvia a través da canle labrada noextradorso que chega ata a gárgola. É elemento fundamental da arquitectura gótica.

3

Arco apuntado

Arco formado por dous segmentos de circunferencia de igual raio pero diferentes centros, que forman ángulo na clave.

4

Arco de ferradura

Arco formado por unha sección maior que a semicircunferencia.

5

Arco de medio punto

Arco formado por unha semicircunferencia e polo tanto defrecha igual á semiluz. Arco de perpiaño, que reforza e divide en tramos a bóveda de canón, e se dispón transversalmente ao eixe lonxitudinal da nave. Propio da arquitectura románica.

6

Arco de faixa

7

Arco formeiro

Arco paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave e que comunica unha nave con outra servindo de soporte das bóvedas.

8

Arco peraltado

Arco de medio puntosobreelevado a base de repetir a primeira doela, polo que a súa frecha é maior que a semiluz.

9 10

Arco rebaixado Arquivolta

Arco que ten a curva inferior a media circunferencia. Moldura concéntrica que forma a cara frontal de cada un dos arcos abucinados dunha portada románica ou gótica e que presenta decoración moi variada, figurativa (representacións humanas ou zoomórficas) ou xeométrica (comopor exemplo axadrezados e dentes de serra).

11

Bóveda de aresta

A formada polo cruce perpendicular de dúas bóvedas de canón da mesma frecha, resultando do encontro catro arestas angulares. A formada polo desprazamento dun arco de medio punto sobre soportes paralelos e nun eixe lonxitudinal. A composta por arcos que se cruzan diagonalmente, tamén chamados nervios, cunha clave central comúne co espazo cuberto por pano de muro lixeiro. Pode multiplicar os seus nervios e claves.

12

Bóveda de canón

13

Bóveda de cruz

14

Clave dun arco

Doela central dun arco

Curso 2010‐11. Ana Navas 

Páxina 1 

Vocabulario de Historia da Arte. 2º Bacharelato, 1º avaliación (II)

15

Contraforte

Construción maciza adherida ao muro a modo de pilastra, para reforzalo econtrarrestar a carga sobre el dunha bóveda. Os contrafortes serven de apoio aos arcobotantes nas construcións góticas.

16

Deambulatorio

Espazo que rodea o altar maior dos templos, por onde poden transitar os fieis.Tamén chamado “girola”, en castelán, é un elemento característico da arquitectura románica que logo se fixo extensivo á gótica. A súa utilidade xurdiu coa peregrinaxe masiva aoslugares de devoción popular, cando unha multitude de fieis concorría nunha igrexa para venerar as reliquias que nela se atesouraban. Este corredor proporcionaba a necesaria fluidez de circulación para que todos alcanzasen a reverenciar as sagradas reliquias e para non interromper a cerimonia relixiosa que se puidera estar oficiando na capela maior.

17 Doela

Peza de cantaría labrada en formade cuña truncada que, disposta radialmente e xunto con outras, forma a volta dun arco.

18

Estatuacolumna

Estatua adherida verticalmente a un muro ou columna. A adherida ao fuste dunha columna e da súa mesma altura é característica dalgunhas portadas de igrexas románica.

19

Imposta

Fiada sobre a que vai asentado un arco ou unha bóveda, ou moldura colocada entre a parte recta dunvan e a doela inferior que inicia a curvatura dun arco. Cornixa ou moldura exterior que marca a separación entre plantas dun edificio.

20

Ménsula

Elemento arquitectónico que sobresae dunha parede e que serve para soster un balcón, unha escultura, unha cornixa, os nervios dunha bóveda ou calquera outro elemento do edificio.

21

Nártice

Construción columnada situada na entrada da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS