Otero pedrayo

Páginas: 8 (1812 palabras) Publicado: 28 de diciembre de 2011
RAMÓN OTERO PEDRAYO

Otero Pedrayo como escritor integral. O teatro e a poesía
É o noso escritor máis prolífico e plural. Cultivou con maior ou menor acerto todos os xéneros literarios. Destacou como orador e como colaborador habitual de múltiplos xornais, pero foi tamén poeta, dramaturgo, ensaísta, xeógrafo e historiador.
Como poeta publicou Bocarribeira. Versos para leer e queimar.
Maiortranscendencia ten a súa achega ao teatro galego. Comparte cos demais membros das Irmandades o interese polo teatro nacional. Non obstante, o seu teatro é máis apropiado para a lectura que para a representación escénica, a pesar dos innegábeis valores dramáticos dalgunhas das súas pezas.
En 1928 publica A lagarada. Arredor de 1934 traballa nunha serie de pezas curtas coñecidas como Teatro demáscaras.
Xa na posguerra volve á expresión dramática en obras como Rosalía, O Fidalgo e a noite e Noite compostelá, concibidas como teatro poético para ler difícilmente representábel. Outra consideración merece O desengano do Priorio (1952), obra en que se mesturan elementos satíricos e elexíacos para nos presentar a introducción da industria dos ataúdes en Floravia, imaxinaria capital do Ribeiro, ensubstitución do ancestral cultivo do viño. A cultura da vida substituída pola cultura da norte; os vellos fidalgos polos artesáns e comerciantes de cadaleitos; a idílica harmonía da Galiza rural ameazada. A obra conclúe cunha rebelión incendiaria da mocidade que destrúe polo lume o comercio macabro, nunha especie de berro esperanzado polo futuro do país. O argumento non acaba tampouco de coallaren teatro debido á súa dramatización pouco elaborada.
A obra ensaística
O ensaio é, coa novela, o núcleo fundamental da súa produción literaria. Resaltan:
- o ensaio xeográfico
- os libros de viaxes, como Pelerinaxes, onde relata a romaxe emprendida con Risco e outros galeguistas desde Ourense ata o santuario de Santo André de Teixido, ou Por os vieiros da saudade, que recolle a experiencia dasúa primeira viaxe á Arxentina e o encontró coa diáspora galega en 1947.
- A evocación biográfica, no Libro dos amigos en que vai recordando a trinta e nove personaxes xa falecidos que deixaron fonda pegada na súa vida, sen que falten as lembranzas de compañeiros galeguistas asesinados no 36 (Alexazndre Bóveda, Ánxel Casal) ou condenados ao exilio (Castelao).
Ten singular interese o Ensayohistórico sobre la cultura gallega (1933). Con total liberdade formal e ás veces de xeito fragmentario, vainos describindo a fisionomía da nosa Terra e a evolución da nosa cultura. Asumindo a imaxe de Galiza creada pola historiografía do XIX, resalta os momentos clave na confrontación da identidade nacional: o substrato celta, a cristianización e o priscilianismo, o esplendor románico, o barroco, oromanticismo…
A narrativa de Otero Pedrayo
Por enriba de ensaísta ou autor teatral, Otero Pedrayo foi sobre todo narrador: os defectos nos distintos xéneros que cultivou – prosaísmo na poesía, intromisión narrativa no teatro, impresionismo lírico e afán mitificador no ensaio, etc.-, convértense en virtudes cando narra.
A súa produción narrativa está composta por sete novelas en galego e catro enespañol; cinco relatos curtos en galego e dous libros de contos tamén no noso idioma. Podemos clasificar a súa obra da seguinte maneira:
• Novelas histórico-culturalistas:
Ambientadas na Idade Media galega
Ambientadas no Romanticismo europeo
• Novelas histórico-realistas
• Novelas psicolóxicas de introspección e procura
Novelas histórico-culturalistas
Todas as novelas de Otero revelan unalto grao de erudición e polo tanto poderían sinalarse como culturalistas. Non obstante, en catro delas o historicismo e a evocación cultural predominan claramente sobre a acción novelesca. Son A romeiría de Xelmírez e Fra Vernero por unha parte, e Las palmas del converso e La fiesta del conde Bernstein por outra. Atendendo aos ambientes históricos recreados, as primeiras de cada par céntranse...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Vida De Ram N Otero Pedrayo
  • Otero
  • oter
  • Otero
  • oter bock
  • Joaquin Otero
  • BLAS DE OTERO
  • RAUL OTERO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS